Inicio             [ ⇿ ]             Cookies & C. Legal              gal  | esp   
A lei obliganos a poñer este recordatorio sobre o uso de cookies. Pode cambiar a configuración pulsando aquí
Web optimizada para visualización horizontal

Tomás,Óptico. Óptico-Optometrista en Burela.

Visita nuestra tienda online tienda.tomasoptico.com

Desde hai máis de 20 anos estamos preto de vostede para proporcionarlle os mellores servizos e productos co fin de coidar dun xeito integral da súa saúde visual. Con este obxetivo presentámonos ante vostede co ánimo de satisfacel@ atendendo personalmente as necesidades que o seu caso específico precise para quedar plenamente satisfeit@.

Por medio de este sitio en internet esperamos conseguir un contacto aínda máis próximo ofrecéndolle información detallada sobre Tomás,Óptico , para que así teña a posibilidade de coñecer de primeira man todo o referente a saúde dos seus ollos. Tamén, este sitio web, ofrécese como unha oportunidade para contactarnos e expoñernos directamente calquer dúbida, solicitar cita previa para unha consulta, solicitar a reposición de lentes de contacto, consultar o estado dun pedido, etc.

Tire proveito das novas vías de comunicación social e engádanos no seu Twitter para estar informad@ das novidades que veñan chegando a nosa óptica así como as novas do eido da óptica e a saúde visual que poidan ser do seu interese.
Para información e contacto entre na sección Contacto de este sitio web.
Grazas por visitarnos e esperamos que sexa do seu agrado e de utilidade o noso sitio en internet.

« Voltar a Inicio |  

CARTA PRODUCTOS E SERVIZOS

Qué lle ofrecemos

Productos e Servizos de Tomás,Óptico

Aquí ten unha pequena mostra do ámbito de atención ao público de Tomás,Óptico

Se está a buscar de algún producto ou servizo concreto non mostrado en esta web, pode contactar con nos (ver sección Contacto) e faremos o posible por complecelo.

Bitácora/Blog


Aquí toda a información ao día

Bitácora de Tomás,Óptico

Visite con regularidade o blog de Tomás,Óptico onde iremos publicando novas e artigos que esperamos sexan do seu interese.

Presentación de novos productos e coleccións de gafas, artigos sobre temas relacionados coa saúde dos ollos e o sistema visual, respostas as preguntas máis frecuentes, resolución de dúbidas técnicas,... Se ten algún tema que lle interese que tratemos non dubide en contactar con nós, estaremos encantados de atendelo na sección de contacto.

A través das redes sociais estará informad@ das novas entradas no blog.

« Voltar a Inicio

Contacto

Tomás,Óptico nas redes sociáis e se precisa dicirnos algo...

Información, Contacto e Localización

A través das distintas redes sociáis (RRSS) pode contactar con nos de xeito doado e rápido

Tomás,Óptico

R/Pardo Bazán, 7-baixo
27880 Burela (Lugo)
España
(+34) 982 580 601
Nº Rexistro REXCE: E-27-000027

Horario de atención ao público
  • L-V 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30
  • S 10:00 a 13:30
no Verán
  • L-V 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00
  • S 10:00 a 13:30

Taller de montaxe

En Tomás,Óptico elaboramos personal e individualmente cada montura e cristáis graduados polo que podemos levar un control de calidade exhaustivo de cada gafa graduada que dispensamos.

Optometría

A experiencia de máis de vinte anos ao seu servizo compleméntase coas ferramentas e equipamento de última xeración para realizar un completo exame e análise da súa función visual.

Agradecemoslle que solicite por teléfono unha cita previa para poder atendelo sen demoras no momento máis axeitado para vostede.

Contactoloxía

Veña a Tomás,Óptico para realizar a adaptción profesional e segura das súas lentes de contacto.

Facemos un seguimento personalizado das súas necesidades para atopar o tipo de lente de contacto que mellor se adapta ao uso que vostede desexa facer. Asimesmo, contamos con un amplo stock de lentes de contacto para atender en todo momento as súas reposicións.

Gafas de Sol e Graduado

Precisa gafas? Quere cambiar de estilo? Tanto para monturas de gafas graduadas como en gafas de sol visítenos e probe as nosas propostas. Con seguridade atopará o modelo co cal se atopará a gusto. Cóntenos cómo quere verse e asesorarémolo para conseguir que quede satisfeito.

Dependendo das súas necesidades visúais axudarémolo a escoller a montura e cristáis que mellor se adapten a vostede. Tanto cristáis progresivos (para ver de lonxe e preto ao mesmo tempo), gafas de sol graduadas, filtros terapéuticos de protección, cristáis reducidos, monturas ao aire de alta resistencia, ... estaremos encantados de atender o seu caso particular.

A nosa garantía de adaptación e satisfacción son a súa tranquilidade