En Tomás,Óptico intentamos ofrecerche as maiores facilidades para que poidas desfrutar dos productos e servizos que poñemos a túa disposición.
Un novo servizo súmase a esta oferta, un novo xeito de adiar o pagamento das túas compras.
simple e rápido: confirmación ao momento.
Coa túa TARXETA HABITUAL
Podes fraccionar o pagamento escollendo o número de plazos desexados utilizando a túa tarxeta de crédito ou débito que usas normalmente, incluso se na propia tarxeta non tes activado o pagamento a plazos.
¿Que precisas?
Tarxeta de crédito/débito activa
Número de móbil e o teu DNI
¿Como funciona?
Indica o importe a pagar (desde 100€) e plazos (ate 12)
Escolle a modalidade que desexas
Valida a operación cun SMS no móbil
Ao momento terás a confirmación da operación.
Na túa próxima visita consúltanos calquer dúbida e as condicións concretas do importe que desexes adiar.
colección Dolce&Gabbana, exposición do noso escaparate este Nadal.
TomFord 20/21 🎁
Lentes polarizadas de categoría 3, en cor gris uniforme, que minimizan os reflexos (perfectas para conducir).
Tratamento antireflexente en cara interna para evitar deslumbramento posterior.
Acetato de gran calidade, máis estable e perdurable, con reforzo/embelecedor en cor dourada que aporta o estilo de TomFord e contribúe á fortaliza da gafa.
contas con noso asesoramento e experiencia compartida contigo durante tantos anos e coa facilidade para realizar cambios ou probar outros modelos máis axeitados.
Deseñadas e construídas pensando na durabilidade e adaptadas á cara das máis novas, o modelo Full Count de Oakley está preparado para soportar todo o que lle pide a rapazada. Deportivas, o colorido deseño en bloque resalta o espíritu da xuventude nun marco de porte cómodo para todo o día.
• O Material da lixeiro da montura O Matter™ proporciona durabilidade e lixeireza par todo o día • Varillas axustables Ace Fit para unha adaptación personalizada e segura. • Ponte e plaquetas Molded-in O Matter™ deseñadas para as proporcións e forma do nariz da xuventude. • Os terminais (parte final da varilla) Unobtainium® con agarre mellorado incluso estando húmidas axudan a manter as lentes no seu sitio.
un dos problemas que temos as persoas usuarias de lentes é o do empanamento que acompaña ó uso da máscara.
A gravidade da situación depende de factores como os cambios de temperatura ambiente, material das lentes[2], tipo de máscara, o axuste da máscara á cara (hai que levala ben subida para que se empañe menos), o limpas que están as lentes[1], etc.
Existen diversas solucións para paliar esta dificultade. Coa experiencia de todos estos meses, e tras probar varias delas, atopamos que as gamuzas antivaho son o mellor compromiso entre eficacia e facilidade de uso.
gamuzas antivaho
A súa eficacia, como diciamos, depende de varios factores, pero por regra xeral o seu efecto dura entre 8-12 horas e son válidas para uns 200 usos (uns 4-5 meses).
Instruccións
limpar as lentes do xeito habitual, con gamuza microfibra ou produtos de limpeza e secalas.
frotar coa gamuzaantivaho ambas caras da lente, pricipamente a interna (por ser a que máis se empaña).
pechar herméticamente a bolsa da gamuza antivaho tras o seu uso.
Non hai que lavar a gamuza antivaho, pois perdería o efecto, debes gardala pechada na súa bolsa.
Trátase dunha solución simple e económica para o mantemento das túas lentes.
Practica deporte con seguridade e comodidade utilizando gafas con lentes que se adaptan á luz ambiente.
Se o día é claro e luminoso escurecen automáticamente para maior protección.
Se o día está nubrado, ou nas horas extremas do día, entón permanecerán cunha tonalidade moito máis clara, como podes ver na seguinte fotografía.
dous dos modelos de gafa deportiva Evaney
Deste xeito non perderás detalle xa sexa dando unha volta en bicicleta, xogando ó tenis, sendeirismo, correndo, etc., protéxente non só da luz se non do vento e calquera pequena partícula de po ou area que che podería entrar nos ollos.
Ademáis dos lentes fotocromáticos, a maioría dos modelos veñen acompañados de lentes solares convencionais sen custo engadido para situacións de moita luz, como pode ser a montaña ou actividades á beira do mar. Son moi fáciles de cambiar e ti mesmo poderás facelo según o precises.
Son perfectos para condicións de iluminación variable. Ven a probalos!
Solución completa para lentes de contacto con Aloe Vera.
alvera, de Avizor
Solución para manter desinfectadas, limpas e hidratadas as lentes de contacto. Especialmente indicada para persoas con propensión a sufrir sequedade e deshidratación das lentillas así como unha maior sensibilidade, mellorando a sensación de comfort e frescor.
Cita:
El Aloe Vera crea una película sobre el epitelio que impide la entrada de estos agentes que puedan dañar el epitelio, reduciéndose así, el riesgo de irritación.
Visita a web de Avizor, fabricante de Alvera, para máis información.
En Tomás,Óptico traémosche este produto para lentes de contacto para satisfacción dos nosos clientes, que así no lo contaron tras utilizalo. Preséntase nun envase estándar de 350ml. e inclúe un estuche para as lentillas.
Raf Maes and Anton Janssens fundaron KOMONO en 2009 en Bélxica. KOMONO aporta un deseño elegante, unha gama de cores inspiradora e unha estética minimalista ó ámbito dos complementos.
KOMONO é unha comunidade de soñadoras e deseñadoras dedicadas ós complementos do noso tempo, e fundamentada nas raíces da tradición e compromiso belga coa calidade e a fabricación. KOMONO exemplo na moda mundial, realizada con cariño e acorde ós tempos que vivimos. KOMONO é a unión perfecta da Vision e o Tempo. KOMONO é a vangarda da moda nas túas mans .
Compartimos información e recomendacións básicas para persoas que utilizan lentes de contacto e teñen dúbidas sobre como proceder para utilizar e coidar a súas lentes.
Na data de publicación non hai probas que indiquen que as persoas usuarias de lentes de contacto asintomáticos deban deixar de utilizalas debido a un maior risco de desenvolver a COVID-19.
e engade
Non hai probas de que a utilización de gafas graduadas ofreza protección contra SARS-CoV-2 nin de que sexa máis probable que calquera forma de material de lentes de contacto aumente ou reduza o risco ante unha futura infección por COVID-19.
Consellos e recomendacións.
Podes seguir utilizando lentes de contacto. Actualmente non hai probas científicas de que os usuarios de lentes de contacto teñan un maior risco de contraer a COVID-19 en comparación cos usuarios de gafas. Os pacientes deben consultar ó seu profesional da visión se teñen dúbidas.
Os bos hábitos de hixiene son fundamentais. Resulta esencial lavar e secar ben as mans, así como utilizar e manter adecuadamente as lentes de contacto, asegurar unha boa hixiene do estoxo e limpar regularmente as gafas co auga e xabón. Estos hábitos axudarán ós usuarios a manterse sanos e evitará que teñan que acudir ó centro de saúde ou ó hospital, minimizando así o impacto no sistema sanitario xeral.
As gafas normais non proporcionan protección. Non hai probas científicas que sustenten os rumores de que as gafas de uso diario ofrecen protección contra COVID-19: unha posición apoiada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos EEUU (CDC), que sinala que non as califican como Equipo de Protección Personal (PPE).
Manter as mans sen lavar lonxe da cara. Independentemente de que se utilicen lentes de contacto ou gafas ou de que non se requira corrección visual algunha, todo o mundo debe evitar tocar o nariz, a boca ou os ollos coas mans sen lavar, de acordo coas recomendacións da Organización Mundial da Sáúde (OMS) e os CDC.
En caso de estar enfermo, hai que deixar de utilizar lentes de contacto temporalmente. As persoas usuarias de lentes de contacto que estén enfermas deben voltar a utilizar as gafas temporalmente. Poden voltar a utilizar lentillas cunhas lentes NOVAS e un estoxo NOVO cando se recuperen completamente.