Cansancio ocular e Lentes de Contacto

En Tomás,Óptico grazas a Coopervision dispoñemos da máis ampla gama de lentes de contacto para aportar solucións as necesidades dos nosos clientes.

Cada vez é máis frecuente que nos consultedes casos relacionados con traballos con dispositivos dixitais, cansanzo e estrés visual.

Coopervision ven de deseñar un producto específico para este tipo de problemas. Biofinity Energys.

Grazas a, por unha parte, innovación e desenvolvemento de novos materiais que melloran a hidratación e permiten un mellor aporte de osíxeno ao ollo; e por outra, o deseño de superficies asféricas na cara anterior da lente que facilitan o enfoque a diferentes distancias de un xeito máis cómodo e preciso, Biofinity Energys consigue que a experiencia de uso mellore para o usuario de lentes de contacto.

No escaparate de Tomás,Óptico podes ver unha infografía do proceso que leva a sentir vista cansada.

os síntomas

e cómo intentar minimizalos

Solicita a túa proba gratuíta e sen conpromiso.

Ven a consultar o teu caso particular e solicita unha proba de Biofinity Energys (un mes de uso) para poder valorar as súas vantaxes con respecto a unha lente convencional.

Pack Biofinity Energys