Bo Nadal! 🎄 🎅
Chegamos ao fin do 2021 agardando que o vindeiro ano sexa todo o bo que todos agardamos.
Compartimos contigo algunhas fotos do escaparate que preparamos para estas próximas semanas.




Presentamos a colección Giuliani, lucindo no escaparate 😍
Fabricadas coas mellores técnicas artesanais e acetatos.
podes velas no escaparate, pero visítanos para poder probalas e apreciar a súa calidade e deseño.
Coñece a manufactura e artesanía de cada peza Guiliani.
A fabricación dunha montura consta de corenta e oito fases distintas para crear unha montura que é única e inimitable. Os pequenos detalles e diferenzas na cor fan de cada produto a testemuña da excelencia refinada a través da calidade exclusiva da fabricación artesanal. Fonte: giulianiocchiali.com
Descubre toda a Tecnoloxía aplicada ás lentes e monturas de sol Revo.
Inspirado en el estilo Revo de la época, la favorecedora forma rectangular de Watson presenta un clásico puente con bocallave y detalles metálicos únicos. Nos recuerda que el diseño de alto rendimiento es intemporal. Las lentes de Watson están hechas de cristal de alto contraste con la tecnología de lentes polarizadas de la NASA, firma de Revo, para una claridad visual y protección sin igual. [fonte: Revo]
Parte de la colección Revo x Bear Grylls, Caper cuenta con lentes de policarbonato livianas y resistentes a los impactos en marcos de material plegable Revo SuperFlex™ para un rendimiento flexible y prácticamente indestructible. Las bisagras de resorte integradas y las almohadillas antideslizantes ofrecen un ajuste óptimo para todos.[fonte: Revo]
Historia e evolución de Revo [Esp]
Ven a coñecelas a Tomás,Óptico en Burela.
Recibimos a colección para 2021 de monturas Woodys
Visítanos e poderás comprobar o cómodas, elegantes e lucidas que son, tanto en monturas de graduado como de sol.
Presentámosche este modelo da colección 20/21 de lentes graduadas.
Xa o viches no escaparate? 😀
Frente en acetato da maior calidade, con varillas en metal dourado.
ponte metálica e plaquetas axustables.
Deseñadas e construídas pensando na durabilidade e adaptadas á cara das máis novas, o modelo Full Count de Oakley está preparado para soportar todo o que lle pide a rapazada. Deportivas, o colorido deseño en bloque resalta o espíritu da xuventude nun marco de porte cómodo para todo o día.
Características.
Máis información e Colección en Oakley.com
• O Material da lixeiro da montura O Matter™ proporciona durabilidade e lixeireza par todo o día
• Varillas axustables Ace Fit para unha adaptación personalizada e segura.
• Ponte e plaquetas Molded-in O Matter™ deseñadas para as proporcións e forma do nariz da xuventude.
• Os terminais (parte final da varilla) Unobtainium® con agarre mellorado incluso estando húmidas axudan a manter as lentes no seu sitio.
Fonte: oakley.com
un dos problemas que temos as persoas usuarias de lentes é o do empanamento que acompaña ó uso da máscara.
A gravidade da situación depende de factores como os cambios de temperatura ambiente, material das lentes[2], tipo de máscara, o axuste da máscara á cara (hai que levala ben subida para que se empañe menos), o limpas que están as lentes[1], etc.
Existen diversas solucións para paliar esta dificultade. Coa experiencia de todos estos meses, e tras probar varias delas, atopamos que as gamuzas antivaho son o mellor compromiso entre eficacia e facilidade de uso.
A súa eficacia, como diciamos, depende de varios factores, pero por regra xeral o seu efecto dura entre 8-12 horas e son válidas para uns 200 usos (uns 4-5 meses).
Instruccións
Non hai que lavar a gamuza antivaho, pois perdería o efecto, debes gardala pechada na súa bolsa.
Trátase dunha solución simple e económica para o mantemento das túas lentes.
Compartimos información e recomendacións básicas para persoas que utilizan lentes de contacto e teñen dúbidas sobre como proceder para utilizar e coidar a súas lentes.
Hai unhas semanas compartíamos un vídeo con información para utilizar as lentes de contacto. Engadimos agora un extracto dun artigo publicado en Gaceta de Optometría y Óptica Oftálmica
“File:Put on contact lens.jpg” by Moist.acuvuehk is licensed under CC0 1.0
Na data de publicación non hai probas que indiquen que as persoas usuarias de lentes de contacto asintomáticos deban deixar de utilizalas debido a un maior risco de desenvolver a COVID-19.
e engade
Non hai probas de que a utilización de gafas graduadas ofreza protección contra SARS-CoV-2 nin de que sexa máis probable que calquera forma de material de lentes de contacto aumente ou reduza o risco ante unha futura infección por COVID-19.
Fonte: Gaceta Óptica, Set. 2020. Pax.73
Compartimos este vídeo divulgativo sobre as particularidades e precaucións necesarias para persoas usuarias de lentes de contacto.
Lembra que podes consultarnos as túas dúbidas a través do 982580601
e tamén en
info @ tomasoptico.com
Seguimos contigo 😉
Temos o pracer de poder compartir contigo a boa nova de que formamos parte do selecto grupo de establecementos que poñen a tua disposición o catálogo de vista e gafas de sol da marca Gucci.
Tras un proceso de renovación completa das súas coleccións, en 2020 preséntase de novo a vangarda do deseño, estilo e exclusividade.
Coñece máis sobre Gucci Eyewear (web oficial)
temos unha pequena selección
Gafas en metal, cor dourada, brillantes.
Agardamos que che resultase interesante e non dubides en vir coñecer o resto da colección.
COMPARTE este artigo premendo na icona dos teus medios sociais. Grazas!!