WEB Tomás,Óptico. Burela. Óptico-Optometrista

Desde hai unhas semanas un aviso en portada comunicaba que se estaban a levar a cabo tarefas de mantemento e renovación da nosa páxina web.

Finalmente o día 2 de outubro foi publicada a nova versión para comunicarnos con todos os nosos amigos e clientes.

O novo deseño pretende ter unha interface máis amigable, con deseño actualizado seguindo a tendencia de claridade na exposición dos contidos, acceso doado e directo a información relevante para os nosos visitantes e simplicidade no seu uso. No deseño adaptativo tamén se tiveron en conta os dispositivos móbiles coa sua gran variedade de pantallas e formatos. En este sentido seguiremos mellorando a accesibilidade con novos elementos nas próximas datas.

Tomás,Óptico. Burela. Óptico-Optometrista.

Portada da nova web
Portada web

Como elementos significativos destacan a páxina de CONTACTO, desde ofrecemos toda unha variedade de formas para poder contactar con nós, sendo o teléfono e as mensaxes directas en twitter o xeitos máis directos e rápidos.

A través da sección BITÁCORA accedese a blog.tomasoptico.com que é o lugar onde reseñamos artigos e contidos de actualidade que creemos poden ser do seu interese. Se desexa ver reflexado algún tema ou aclarar calquer dúbida, fáganolo saber e procuraremos contestar en esta sección.

En Productos e Servizos describimos a qué nos dedicamos e qué productos poñemos a súa disposición.

Incorporaránse novos contidos nas próximas semanas así como pequenos axustes na exposición da información (tamén para dispositivos móbiles). Agradecemos que nos faga chegar calquer suxestión, crítica ou opinión respecto a nova web. Que lle parece a nova web? . Comparta este artigo nas súas redes sociáis pulsando nas seguintes iconas.

O Nadal chegou a Burela

Este Nadal o comercio de Burela lanza varias campañas promocionáis e eventos para que todos os nosos clientes poidades facer as vosas compras na vila e ao mesmo tempo poder disfrutar de grandes agasallos en compañía da vosa familia.

No facebook de ACIA dan conta dos diferentes eventos das festas do Nadal, e nos comercios participantes pode coller o tríptico con toda a información.

De ACIA:

O NADAL CHEGA A BURELA COA ÁRBORE DOS DESEXOS, XORNADAS GASTRONOMICAS E MOITAS MAIS ACTIVIDADES

A campaña deste ano, baixo o título de “Este Nadal tes unha cita con Acia Burela”, durará desde o 6 de decembro ata o 5 de xaneiro, e inclúe unha oferta moi variada de actividades:
Árbore dos Desexos e Cabana do Duende: situados na Praza do Concello. Alí se poden depositar as cartas dos nenos para Papá Noel ou os Reis Magos, e tamén a tarxeta co desexo de Nadal. Como o ano pasado, ACIA Burela comprométese a facer realidade 3 dos desexos recibidos. As tarxetas para escribir o desexo pódense conseguir coas compras nos establecementos da campaña. Xunto á árbore tamén se atopará un punto de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.

Domingos de Tendas Abertas: os domingos 22 de decembro e 5 de xaneiro o comercio abrirá en horario especial de mañá e tarde.

Mercadillos de Nadal: na fin de semana do 14-15 celébrase o 4º Rastrillo de Asociacións no edificio das asociacións (antiga Praza de Abastos), no que participan diferentes asociacións e colectivos de Burela. E o domingo 22 xunto á Árbore dos Desexos celébrase un Mercadillo Navideño da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

Outras actividades de Nadal: este Nadal Burela acolle moitas outras actividades, como un concurso fotográfico fronte ós escaparates dos comercios asociados; ambientación navideña con pasarrúas musical o sábado 21; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica; unha xuntanza de Papá Noeis o domingo 22 con churros gratis e no que se sortearán varios regalos; e unha agradable inocentada o día 28 co reparto de billetes especiais no comercio local que se poderán canxear por regalos na Árbore dos Desexos.

Festa Fin do Nadal: o domingo 5 de xaneiro Acia Burela vivirá a súa gran festa de Nadal. Despois da Cabalgata de Reis, na Praza da Mariña celebraráse unha chocolatada e rosconada na que poden tocar moitos regalos directos e vales de desconto nos establecementos da campaña. A partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente. Durante esta festa serán cando se verán cumpridos os 3 desexos da Árbore do Nadal.

DENDE ACIA BURELA QUEREMOS DESEXARVOS UN NADAL CHEO DE LEDICIA E QUE O 2014 VEÑA CARGADIÑO DE BOS DESEXOS !!

tríptico