Regala Lentes de Sol ?

En Tomás Óptico atoparás os lentes de sol que buscas 😀 para ti… ou para regalar!

Aquí facemosche algunhas suxestións para que poidas escoller a que mellor se axeite ao teu caso.

Oakley ?

LATCH BETA, da colección Marc Márquez

e modelo SYLAS lentes PRIZM polarizadas.

Dolce&Gabbana ?

colección Dolce&Gabbana, exposición do noso escaparate este Nadal.

TomFord 20/21 ?

Lentes polarizadas de categoría 3, en cor gris uniforme, que minimizan os reflexos (perfectas para conducir).

Tratamento antireflexente en cara interna para evitar deslumbramento posterior.

Acetato de gran calidade, máis estable e perdurable, con reforzo/embelecedor en cor dourada que aporta o estilo de TomFord e contribúe á fortaliza da gafa.

Protección activa ?

Outra alternativa son as gafas para activades ó aire libre que che presentamos hai unhas semanas.

Agardamos a túa visita

contas con noso asesoramento e experiencia compartida contigo durante tantos anos e coa facilidade para realizar cambios ou probar outros modelos máis axeitados.

“pakej” con licenza CC0 1.0

Oakley Full Count

Deseñadas e construídas pensando na durabilidade e adaptadas á cara das máis novas, o modelo Full Count de Oakley está preparado para soportar todo o que lle pide a rapazada. Deportivas, o colorido deseño en bloque resalta o espíritu da xuventude nun marco de porte cómodo para todo o día.

colección OAKLEY, modelo FULL COUNT

Características.

Máis información e Colección en Oakley.com

• O Material da lixeiro da montura O Matter™ proporciona durabilidade e lixeireza par todo o día
Varillas axustables Ace Fit para unha adaptación personalizada e segura.
• Ponte e plaquetas Molded-in O Matter™ deseñadas para as proporcións e forma do nariz da xuventude.
• Os terminais (parte final da varilla) Unobtainium® con agarre mellorado incluso estando húmidas axudan a manter as lentes no seu sitio.

Fonte: oakley.com

KOMONO

Visita o sito web de KOMONO para ver a colección completa.

KOMONO Pinterest

Presentación de KOMONO en Tomás,Óptico

KOMONO na exposición

Traducimos da súa web...

Raf Maes and Anton Janssens fundaron KOMONO en 2009 en Bélxica. KOMONO aporta un deseño elegante, unha gama de cores inspiradora e unha estética minimalista ó ámbito dos complementos.

KOMONO é unha comunidade de soñadoras e deseñadoras dedicadas ós complementos do noso tempo, e fundamentada nas raíces da tradición e compromiso belga coa calidade e a fabricación. KOMONO exemplo na moda mundial, realizada con cariño e acorde ós tempos que vivimos. KOMONO é a unión perfecta da Vision e o Tempo. KOMONO é a vangarda da moda nas túas mans .

Visítanos, próbaas e mira que tal che sentan! 😀

NOS (near our soul) & TRAMA

Presentámosche dúas novas coleccións que poñemos a túa disposición.

https://www.trama-eyewear.com/homepage/

TRAMA, an italian view

Convidámoste a visitar a web de TRAMA e vir a Tomás,Óptico para ver a selección dos modelos que máis nos gustaron para ti.

NOS (preto da nosa alma)

web NOS

sitio web NOS

Perfecta combinación de acetato e metal, lixeiras e resistentes, co deseño máis actual.

Fracciona o pagamento das túas compras en Tomás Óptico

En Tomás,Óptico intentamos ofrecerche as maiores facilidades para que poidas desfrutar dos productos e servizos que poñemos a túa disposición.

Un novo servizo súmase a esta oferta, un novo xeito de adiar o pagamento das túas compras.

esquema do procedemento
simple e rápido: confirmación ao momento.

Coa túa TARXETA HABITUAL

Podes fraccionar o pagamento escollendo o número de plazos desexados utilizando a túa tarxeta de crédito ou débito que usas normalmente, incluso se na propia tarxeta non tes activado o pagamento a plazos.

¿Que precisas?

  • Tarxeta de crédito/débito activa
  • Número de móbil e o teu DNI

¿Como funciona?

  • Indica o importe a pagar (desde 100€) e plazos (ate 12)
  • Escolle a modalidade que desexas
  • Valida a operación cun SMS no móbil

Ao momento terás a confirmación da operación.

Na túa próxima visita consúltanos calquer dúbida e as condicións concretas do importe que desexes adiar.

Rosa e Ouro

Ola! unha nova proposta orixinal

montura metálica e lentes con tono de cor

Unha combinación de montura metálica en cor ouro con forma octogonal

lentes en estado claro

Os lentes fotocromáticos adáptanse a cantidade de luz ambiente. En zonas de sombra ou interiores manteñen un suave tono, en este caso rosa, e ao recibir a luz directa do sol acentúase a cor.

as mesmas lentes ao estar expostas ao sol

Así, producen un chamativo efecto estético ademáis de coidar os teus ollos con un nivel superior de protección.

Ven a probar que tal che quedan! ?

Termohigrómetro

Termohigrómetro Eschenbach

Con este termómetro e higrómetro compacto poderá medir con precisión temperatura e humidade de calquer espazo.

Características

Lectura dixital de temperatura e humidade do ambiente

Temperatura: -10ºC ate 60ºC (1%marxe)

Humidade: do 10% ao 99% de humidade relativa (5%marxe)

Alimentado por batería LR44/AG13

Descrición

Con só 5 cm de ancho x 4 cm. de alto, estamos ante un instrumento electrónico de precisión para medir a temperatura e humidade así como os valores máximos e mínimos de ambos parámetros.

Debido ao seu tamaño compacto é facilmente transportable para controlar diferentes estancias do seu fogar ou local.

Ao ser tan lixeiro, incluso é posible instalalo suxeito a superficies planas (mediante cinta adhesiva incluída) ou utilizando o pé desplegable.

TOM FORD – SS19

Queremos presentar o modelo 648 da colección primavera/verán 2019 Tom Ford

mod. 648, imaxe Tomás Óptico.

Combinación acetato negro e metal-ouro ofrecen a elegancia e distinción propios de Tom Ford.

detalle Tom Ford, imaxe Tomás óptico.

Lentes con un suave degradado, femenino, co discreto logotipo gravado como marca de autenticidade.

Destaca a clásica inserción en metal-ouro coa forma “T” distintiva, podes vir a Tomás,Óptico si che quedan mellor en esta cor ou en havana/ouro.

imaxe oticamori

Comparte cos teus contactos de redes sociais este artigo, seguro que lles encanta!! ?