Hai un par de días que cambiamos o escaparate poñendo un set de Marc Jacobs.
Na web de Marc by Marc Jacobs podes ver a colección de sol (*)
Aquí tes unhas fotos de mostra (clica nas imaxes).
Escaparate Marc by Marc Jacobs
MMJ 548 (imaxe cloudfront.net) Modelo exposto no escaparate MMJ 587 (imaxe unitedshades.net) MMJ 565 (imaxe visual-clic.com) Modelo exposto no escaparate MMJ 572 (imaxe newegg.com) Modelo exposto no escaparate
Na web de Marc by Marc Jacobs podes ver a colección de sol (*)
(*) Non todos os modelos poden ser adquiridos en todos os países.
Este prezo inclúe a montura e os cristáis graduados monofocáis tanto en material orgánico como mineral.
E.Armani, Agatha Ruiz de la Prada, Versus, Tommy Hilfiguer, Versace, Prada, … invitámoste a visitarnos e a probalas.
MiuMiu
Podes escoller, se o desexas, outro tipo de cristal (sol, antireflexos, reducidos, fotocromático, …) por moi pouco máis con respecto aos cristales de stock.
Asimesmo ofrecémosche, tamén con cristales incluídos, gafas completas e graduadas a prezos desde os 39€ aos 79€ tanto para visión de cerca como lonxana.
Durante os próximos días iremos publicando en twitter algúns exemplos para axudarche a escoller.
Esta oferta é limitada no tempo e ate fin de existencias. Ven agora!! 😉
Durante as últimas semanas foron moitas as consultas que recibimos por parte dos nosos clientes ao respecto do título de esta entrada. Queremos expoñer aquí a información que temos.
A data de publicación de este artigo a situación é a mesma que nos anos anteriores, é dicir:
Lentes de contacto, líquidos de mantemento de lentes de contacto e gafas graduadas teñen un tipo de IVE do 10%
Gafas de sol (e accesorios como cadenas, estuches ou líquidos para limpiar gafas) así como lupas, prismáticos, … teñen un tipo de IVE do 21%
As autoridades que teñen a competencia para modificar ditos tipos fixeron declaracións públicas indicando que non estaba previsto cambios en este sentido.
… al ser tanto las Gafas Graduadas como los Lentes de Contacto, productos sanitarios, que requieren adaptación individualizada por parte de un profesional, debidamente titulado y colegiado, son utilizados
para las minusvalías físicas de la visión, por lo que el IVA debería permanecer al 10% …
Este Nadal o comercio de Burela lanza varias campañas promocionáis e eventos para que todos os nosos clientes poidades facer as vosas compras na vila e ao mesmo tempo poder disfrutar de grandes agasallos en compañía da vosa familia.
No facebook de ACIA dan conta dos diferentes eventos das festas do Nadal, e nos comercios participantes pode coller o tríptico con toda a información.
De ACIA:
O NADAL CHEGA A BURELA COA ÁRBORE DOS DESEXOS, XORNADAS GASTRONOMICAS E MOITAS MAIS ACTIVIDADES
A campaña deste ano, baixo o título de “Este Nadal tes unha cita con Acia Burela”, durará desde o 6 de decembro ata o 5 de xaneiro, e inclúe unha oferta moi variada de actividades:
Árbore dos Desexos e Cabana do Duende: situados na Praza do Concello. Alí se poden depositar as cartas dos nenos para Papá Noel ou os Reis Magos, e tamén a tarxeta co desexo de Nadal. Como o ano pasado, ACIA Burela comprométese a facer realidade 3 dos desexos recibidos. As tarxetas para escribir o desexo pódense conseguir coas compras nos establecementos da campaña. Xunto á árbore tamén se atopará un punto de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.
Domingos de Tendas Abertas: os domingos 22 de decembro e 5 de xaneiro o comercio abrirá en horario especial de mañá e tarde.
Mercadillos de Nadal: na fin de semana do 14-15 celébrase o 4º Rastrillo de Asociacións no edificio das asociacións (antiga Praza de Abastos), no que participan diferentes asociacións e colectivos de Burela. E o domingo 22 xunto á Árbore dos Desexos celébrase un Mercadillo Navideño da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.
Outras actividades de Nadal: este Nadal Burela acolle moitas outras actividades, como un concurso fotográfico fronte ós escaparates dos comercios asociados; ambientación navideña con pasarrúas musical o sábado 21; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica; unha xuntanza de Papá Noeis o domingo 22 con churros gratis e no que se sortearán varios regalos; e unha agradable inocentada o día 28 co reparto de billetes especiais no comercio local que se poderán canxear por regalos na Árbore dos Desexos.
Festa Fin do Nadal: o domingo 5 de xaneiro Acia Burela vivirá a súa gran festa de Nadal. Despois da Cabalgata de Reis, na Praza da Mariña celebraráse unha chocolatada e rosconada na que poden tocar moitos regalos directos e vales de desconto nos establecementos da campaña. A partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente. Durante esta festa serán cando se verán cumpridos os 3 desexos da Árbore do Nadal.
DENDE ACIA BURELA QUEREMOS DESEXARVOS UN NADAL CHEO DE LEDICIA E QUE O 2014 VEÑA CARGADIÑO DE BOS DESEXOS !!