Solución completa para lentes de contacto con Aloe Vera.
alvera, de Avizor
Solución para manter desinfectadas, limpas e hidratadas as lentes de contacto. Especialmente indicada para persoas con propensión a sufrir sequedade e deshidratación das lentillas así como unha maior sensibilidade, mellorando a sensación de comfort e frescor.
Cita:
El Aloe Vera crea una película sobre el epitelio que impide la entrada de estos agentes que puedan dañar el epitelio, reduciéndose así, el riesgo de irritación.
Visita a web de Avizor, fabricante de Alvera, para máis información.
En Tomás,Óptico traémosche este produto para lentes de contacto para satisfacción dos nosos clientes, que así no lo contaron tras utilizalo. Preséntase nun envase estándar de 350ml. e inclúe un estuche para as lentillas.
Compartimos información e recomendacións básicas para persoas que utilizan lentes de contacto e teñen dúbidas sobre como proceder para utilizar e coidar a súas lentes.
Na data de publicación non hai probas que indiquen que as persoas usuarias de lentes de contacto asintomáticos deban deixar de utilizalas debido a un maior risco de desenvolver a COVID-19.
e engade
Non hai probas de que a utilización de gafas graduadas ofreza protección contra SARS-CoV-2 nin de que sexa máis probable que calquera forma de material de lentes de contacto aumente ou reduza o risco ante unha futura infección por COVID-19.
Consellos e recomendacións.
Podes seguir utilizando lentes de contacto. Actualmente non hai probas científicas de que os usuarios de lentes de contacto teñan un maior risco de contraer a COVID-19 en comparación cos usuarios de gafas. Os pacientes deben consultar ó seu profesional da visión se teñen dúbidas.
Os bos hábitos de hixiene son fundamentais. Resulta esencial lavar e secar ben as mans, así como utilizar e manter adecuadamente as lentes de contacto, asegurar unha boa hixiene do estoxo e limpar regularmente as gafas co auga e xabón. Estos hábitos axudarán ós usuarios a manterse sanos e evitará que teñan que acudir ó centro de saúde ou ó hospital, minimizando así o impacto no sistema sanitario xeral.
As gafas normais non proporcionan protección. Non hai probas científicas que sustenten os rumores de que as gafas de uso diario ofrecen protección contra COVID-19: unha posición apoiada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos EEUU (CDC), que sinala que non as califican como Equipo de Protección Personal (PPE).
Manter as mans sen lavar lonxe da cara. Independentemente de que se utilicen lentes de contacto ou gafas ou de que non se requira corrección visual algunha, todo o mundo debe evitar tocar o nariz, a boca ou os ollos coas mans sen lavar, de acordo coas recomendacións da Organización Mundial da Sáúde (OMS) e os CDC.
En caso de estar enfermo, hai que deixar de utilizar lentes de contacto temporalmente. As persoas usuarias de lentes de contacto que estén enfermas deben voltar a utilizar as gafas temporalmente. Poden voltar a utilizar lentillas cunhas lentes NOVAS e un estoxo NOVO cando se recuperen completamente.
Cada vez sodes máis as persoas que nos preguntades “onde debo tirar as lentes de contacto tras o seu uso”?
Esta pregunta fala ben da conciencia que como sociedade estamos a tomar do problema da contaminación do medio ambiente e en particular dos problemas que causa o omnipresente plástico.
As lentes de contacto (lentillas) están fabricadas con materiais “tipo plástico”, polo tanto pertencen a fracción non orgánica do lixo que debemos levar ao contedor amarelo ou o colector do lixo específico que se indique onde resides.
Temos un obsequio para todos os amigos e amigas que nos seguides nas redes sociais
Unha toalla de plaia
Imaxe do obsequio do sorteo
Cortesía de Coopervision, lentes de contacto.
Bases
1- Sortéase unha toalla de plaia entre todas as repeticións realizadas por persoas/amigas (repeticións, rechouchios) da mensaxe promocional do concurso en cada rede social desde a publicación de este artigo no blog ate as 24:00 do domingo 12 de Agosto 2018. Obterán tamén unha participación as promocións de este artigo que inclúan a etiqueta #sorteoTomasOptico na súa mensaxe.
2- Cada RT ou mensaxe será unha participación con un máximo de tres RT por usuario e rede social.
3- O sorteo realizarase o 14 de agosto entre todos os participantes tras serlles asignados un número a cada participación por orde cronolóxica e rede social (facebook, twitter, g+ e pinterest)
4- O usuario gañador será contactado mendiante mensaxe personal na rede gañadora (faite amiga! ou séguenos!)
5- O regalo deberá ser recollido personalmente nos seguintes 5 días en Tomás,Óptico de Burela. Poderá recollelo unha persoa autorizada presentando a acreditación que lle enviaríamos a persoa gañadora.
6- De non ser recollido en forma e plazo procederíamos a un segundo e definitivo sorteo.
7- Participarán no sorteo as persoas físicas, están excluídas do sorteo empresas/entidades que repitan a mensaxe.
Participa!
Comparte este artigo agora utilizando a etiqueta #sorteoTomasOptico
En Tomás,Óptico grazas a Coopervision dispoñemos da máis ampla gama de lentes de contacto para aportar solucións as necesidades dos nosos clientes.
Cada vez é máis frecuente que nos consultedes casos relacionados con traballos con dispositivos dixitais, cansanzo e estrés visual.
Coopervision ven de deseñar un producto específico para este tipo de problemas. Biofinity Energys.
Grazas a, por unha parte, innovación e desenvolvemento de novos materiais que melloran a hidratación e permiten un mellor aporte de osíxeno ao ollo; e por outra, o deseño de superficies asféricas na cara anterior da lente que facilitan o enfoque a diferentes distancias de un xeito máis cómodo e preciso, Biofinity Energys consigue que a experiencia de uso mellore para o usuario de lentes de contacto.
No escaparate de Tomás,Óptico podes ver unha infografía do proceso que leva a sentir vista cansada.
os síntomas
e cómo intentar minimizalos
Solicita a túa proba gratuíta e sen conpromiso.
Ven a consultar o teu caso particular e solicita unha proba de Biofinity Energys (un mes de uso) para poder valorar as súas vantaxes con respecto a unha lente convencional.
Cando vides a consultar algún problema relacionado coa visión algunhas veces temos dificultades para facer entender a qué nos estamos referindo cando falamos da “córnea“, da “pupila“, “retina“, etc.
Para intentar aclarar os termos máis habituais deixamos aquí estas imaxes e unha pequena explicación das máis relevantes.
Vista exterior
Vista exterior
En esta vista resaltamos
Pupila: un burato. É o lugar no centro do ollo, por onde entra a luz que posteriormente será detectada na retina.
Iris: é o músculo que forma a pupila e trátase da parte coloreada do ollo, o que lle da a cor característica de cada persona.
Córnea: é a parte máis exterior do ollo (ver o seguinte apartado) e está en contacto co ambiente do mesmo xeito que a pel en outras partes do corpo. En condicións normáis é totalmente transparente para permitir o paso da luz e a súa función é actuar como lente para formar unha imaxe na retina.
Para as usuarias de lentes de contacto é unha parte moi importante do ollo, pois está en contacto coas lentes e a súa saúde depende de unha boa adaptación e elección da lente de contacto.
O ollo por dentro
O interior do ollo
Na imaxe superior podemos apreciar a complexidade e número das estructuras (tecidos de soporte, vasos sanguíneos, nervios, músculos,etc.) que conforman o ollo humano.
A luz entra pola pupila, atravesa o humor vítreo e fórmase enfocada na retina. A luz de esta imaxe estimula as células da retina que a transforman nun sinal eléctrico que viaxa ate varias zonas do cerebro onde será procesada e interpretada.
A córnea
Córnea
Tal como comentábamos arriba, a córnea ten gran relevancia para a visión, pois actúa como un lente que enfoca a imaxe na retina (xunto con outras partes do ollo). Se esta parte non está ben axustada, si cambiou lixeiramente a súa forma ou curvatura, influirá sobre cómo se forma esa imaxe na retina contribuíndo así aos defectos visuais máis habituais (miopía, hipermetropía e astigmatismo).
A correcta adaptación de lentes de contacto deberá ter en conta de forma especial cómo interactúa a lente coa córnea preservando en todo momento a saúde e funcionabilidade da misma.
O Cristalino
Está sinalado na imaxe con unha raia negra e trátase da estructura que máis aspecto de lente ten. A súa principal función é a de enfocar na retina de forma precisa a imaxe do obxeto que estamos mirando. Obxetos situados a diferentes distancias precisan ser enfocados, como nunha cámara fotográfica, e o cristalino modula a súa forma para cumplir esta función.
O cristalino é totalmente transparente como a córnea, pero cando unha persona ten cataratas, o cristalino perde esta transparencia. Trátase de un problema ocular que non se pode solucionar cambiando de graduación nas gafas, se non que require (en estados avanzados) de unha operación para ser solucionado.
Agardamos que sexa do teu interés e che resulte informativo este artigo.
Se queres facer algún comentario podes utilizar a caixa de texto inferior e tamén podes compartir esta información nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí mismo. Grazas!
Viaxar en avión para as usuarias de lentes de contacto supón sempre a mesma dúbida.
¿Podo levar o líquido das lentillas na equipaxe de man?
A continuación traémosche unhas recomendacións así como a ligazón para obter información das autoridades competentes no tema.
A normativa
Non existe unha norma única ao respecto no transporte aéreo e con un ámbito de aplicación mundial, polo que deberemos atender as particularidades da orixe e destino do voo así como a nacionalidade da compañía utilizada.
Como norma xeral non se permiten os envases grandes (350ml.) na equipaxe de man, pero SI na maleta facturada.
Na equipaxe de man podes levar un envase non máis grande de 100ml., a pesar de que algún cliente nos informou de que viaxando con algunha compañía aérea, en EE.UU. lle permitiron envases grandes porque o consideraban unha das excepcións no transporte de medicamentos necesarios.
Mais depende do criterio da compañía aérea, xa que na maioría dos casos consultados tiveron problemas con envases grandes na equipaxe de man.
Consulta o caso coa túa compañía de transporte antes de ir ao aeroporto para evitar molestias innecesarias e problemas de última hora.
Recomendamos
Levar sempre unhas gafas.
ocupan pouco, pesan pouco, e pódennos sacar de un bo apuro.
Levar un envase de ate 100ml e un estuche portalentillas na equipaxe de man.
de este xeito minimizamos o risco de ter problemas en algún control de aeroporto.
Si é unha viaxe corta (10 ou 15 días), valora a posibilidade de utilizar lentes de contacto de uso diario
así non precisarás utilizar líquidos de mantemento 😉
Se é unha viaxe longa procura levar un envase grande na maleta pois non sempre é doado atopar o mesmo producto coa composición axeitada en determinados lugares do mundo.
Consulta a empresa de transporte que vas a utilizar, con antelación, a súa política ao respecto.
Esperamos que che resulte útil esta información e que teñas voa viaxe! 😀
Comparte a túa experiencia con nos utilizando a caixa de comentarios de aquí abaixo. Tamén podes compartir este artigo nas túas redes sociáis utilizando as íconas seguintes. Gracias!
Lentes de contacto DIARIAS de Hidrogel de Silicona
Toda tu vida pasa a través de tus ojos
La vida exige mucho de tus ojos cada día. Por eso es importante encontrar una lente de contacto que pueda seguir tu ritmo de vida y al mismo tiempo que porporcione a tus ojos una experiencia de uso más saludable. Esta es la razón por la que lentillas Diarias de hidrogel de Silicona pueden ser la opción ideal.
Fabricada con hidrogel de silicona, el material de lentes de contacto más avanzado disponible hoy en día, permite que tus ojos respiren, manteniéndolos más blancos, brillantes y cómodos durante todo el día. Y como es desechable diaria, no tienes que preocuparte de soluciones de mantenimiento ni estuches. Así que si quieres una experiencia de uso de lentillas más saludable y la comodidad de usar una lentilla nueva cada día, vente a Tomás, Óptico en Burela a preguntarnos sobre las lentillas diarias de hidrogel de silicona.
lentes de contacto
Con lentes de contacto diariasolvídate de estuches para lentillas y soluciones de limpieza y conservación.
Las lentillas diarias de hidrogel de silicona le dan a tus ojos la claridad que se merecen
Transmisión natural de oxígeno que proporciona ojos más blancos y brillantes
Alta hidratación que proporciona una comodidad excelente a lo largo
de todo el día
Protección contra la radiación UVA y UVB
Rango muy amplio de graduaciones. Miopía, hipermetropía, astigmatismo y presbicia.
Se adapta a cualquier estilo de vida.
Solicítanos una prueba de lentillas diarias. Como profesionales del cuidado de la visión valoraremos tu caso personal para ofrecerte la mejor lente de contacto para ti.
Traemos este artigo (pulsa na imaxe) de cuidatuvista.com onde intenta aclarar o xeito en que se publicitan certo tipo de ópticas e o estado de confusión no que se encontra o cliente ante tales tácticas.
Son explicacións de sentido común pero veñen moi ao caso dado o panorama actual de este sector.
Progresivos de alta gama que no lo son, progresivos con campo de visión total que no es posible, pruebas de lentillas gratuitas que incluyen “cualquier graduación” y no es así, precios con descuentos de un 50%, etc… ¿Te suena todo esto?