Actualiza a túa gafa de sol con cristales de espello

Resulta cada vez máis habitual ver gafas de sol con cristales de espello de colores. O seu efecto estético destaca pola súa viveza e resalta a luminosidade das túas gafas así como a posibilidade de combinar coa túa vestimenta e accesorios de moda.

Actualización

En esta primavera, poñemos a disposición dos nosos clientes as novas cores de cristales de espello de Essilor: “Kaki”, “Azul Plata”, “Silver Purple”, “Oro Rosa”, “Fucsia” e “Turquesa”.
Temos mostras en Tomás,Óptico para velas en vivo e comprobar cómo lle quedarían a túa gafa.

Tanto se queres mercar unha gafa nova como se queres actualizar unha que xa tes, podes levar uns cristales de espello para renovala.

Fabricantes como Essilor poñen unha ampla gama de cores a disposición dos clientes para adaptarse a todos os gustos, aportando a seguridade e confianza no proceso de fabricación e control de calidade dun dos líderes mundiais na fabricación de cristales ópticos.

cristais de sol con espello
Cristal de sol con espello

Imaxe representativa, podes ver mostras de cristales e consultar as posibilidades de fabricación na nosa óptica.

Tanto se só precisas graduación de lonxe ou cristales progresivos (para ver ao lonxe e de cerca) podes lucir coas túas gafas novas, beneficiándote ademáis da vantaxe de que os cristales de espello axudan a disimular o efecto da graduación pasando totalmente desapercibido se estás utilizando unha gafa graduada.

Por suposto se non precisas graduación tamén se poden poñer cristales con espello.

Por un coste moito menor do que cres podes lucir aínda máis coas túas gafas de sol. Invitámoste a visitarnos para informarte de todas as posibilidades e asesorarte de xeito personalizado.

VUARNET, a mellor protección para os seus ollos desde 1957

  • Os cristáis Vuarnet ofrecen cualidades que os fan excepcionáis.
  • Calidade óptica pura. Unha visión perfecta, sen ningunha deformación da imaxe.
  • Resistente aos golpes e as raiaduras. Protección UV 100%
  • Comodidade visual óptima. Tratamento antirreflexos sobre a cara interna de todos os cristáis.

Érase unha vez unha lenda…


En 1960, nos Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw-Valley (USA) Jean VUARNET consigueu, para Francia, a medalla de ouro na proba de descenso de esquí. Por televisión, Roger Pouilloux descubre ao campeón levando as suas gafas 002, entón o óptico decide coñecer ao atleta en persona.

Compartindo o gusto pola técnica, a innovación e a calidade, os dous apaixoados non tardaron chegar a acordo para crear xuntos agafas de sol VUARNET.

SAVOIR FAIRE ÚNICO

VUARNET fabrica os seus cristáis na súa propia fábrica de Meaux, preto de París.
A selección de materias primas de calidade, uns tratamentos únicos, e o control estricto sobre cada etapa do proceso de fabricación aseguran a técnica e a excelente calidade dos cristais minerais VUARNET desde hai décadas.

A maioría dos modelos e as cores de cristal VUARNET están dispoñibles en lentes monofocais e progresivas, infórmese en Tomás,Óptico sobre eles.

v2

Visite vuarnet.com para ampliar a información sobre Vuarnet, e pulse nas seguintes íconas para compartir este artigo nas redes sociáis.

Escaparate Nadal #DiorSoReal

Xa está aquí o Nadal!

e como sempre para estas datas traemos un avance das coleccións de gafas de sol das marcas que marcarán a tendencia da próxima temporada.

Xa pode ver no noso escaparate a colección DiorSoReal

Escaparate Dior
Escaparate Nadal 2014

Aquí un pequeno video da presentando esta colección
http://www.youtube.com/watch?v=v04ZHA_qqpE

Na páxina web de Dior pode ver a colección DiorSoReal así como outras gafas de sol, complementos e accesorios.

DiorSoReal en cor negra

Esperamos que sexan do seu gusto 😉

¿Cristáis de sol polarizados?

Nas portas do verán comezamos a notar a necesidade de utilizar gafas de sol para protexer os ollos e tamén… para lucir máis guap@s, se cabe 🙂

Deixaremos a un lado as consideracións estéticas para responder a unha pregunta que xorde de xeito recurrente cando vides a por unhas novas gafas de sol. ¿Qué son os cristáis polarizados? ¿Para qué serven? ¿Non son todas as gafas de óptica “polarizadas”?

Tentaremos en este artigo responder a estas preguntas.

Primeiro, un pouco de información técnica. Sen entrar en detalle pódese dicir que a luz é radiación electromagnética que se propaga en forma de onda (esto é moi resumido). Na wikipedia temos unha explicación sobre esto [2], pero para o noso caso o que nos incumbe é que a maioría da luz que vemos é luz incoherente (utilizando a nomenclatura do artigo) pero que a luz ao reflexarse en determinadas superficies acaba “concentrándose” nunha determinada polarización. Por eso é máis “intensa” pero coa vantaxe de poder ser “filtrada” por unha gafas de sol. Esto é o que acontece de xeito moi resumido.

 

gráfico explicativo [essilor.co.uk]
  • Elimina o deslumbramento
  • Mellora a percepción das cores
  • Aumenta o contraste
  • Mellor confort visual
  • 100% protección radiación ultravioleta (UVA/B)

 

Vantaxes:

Para conducir

As lentes polarizadas ofrecen maior seguridade. Eliminan o deslumbramento causado polo asfalto húmido e outros coches.

efecto sobre a condución por deslumbramento [imaxe andeloptik/essilor]

Para practicar deporte

Son particularmente últiles en deportes acuáticos (como navegar e pescar) e en deporte de inverno (neve). Sempre que os ollos estén ssometidos a un estré continuo causado polo reflexo da luz solar sobre superficies planas (auga, xeo, neve, …), pero polo aumento do contraste e a mellor percepción das cores, resultan moi axeitadas para calquer tipo de actividade dináminca en exteriores.

elimina reflexos na auga [imaxe ardenes-optique]

Para aumentar o confort

Ao longo de todo o ano, os usuarios poderán redescubrir o placer de unha mellor visión. As cores percíbense máis vivas e unha vez que se aprecia a diferencia con respecto a uns cristáis de sol normáis non quererá utilizar outros.

efecto sobre as cores [imaxe wikipedia]

Para protexerse

Para os ollos sensibles a luz e que precisan da máxima protección, en especial xente maior e aqueles que foros operados de cataratas ou ciruxía refractiva.

 

Polo tanto, uns cristáis de sol polarizados proporcionan un maior confort visual, mellor visión e protección para os ollos. Quere dicir esto que os cristáis de sol normáis non protexen suficientemente? Non, os cristáis de sol normales ofrecen unha protección axeitada para a radiación ultravioleta así como para a alta intensidade da luz, pero non teñen estos valores engadidos que acabamos de mencionar. Os cristáis de sol normáis son bos, os polarizados, son mellores. Podes estar tranquil@ e correctamente protexid@ con un cristal de sol normal que cumpla coa normativa vixente:

Directiva europea 89/686/CEE sobre “Equipos de protección individual”

e normas

EN 1836:2005 (normativa europea)

ANSI Z80.3:2010 (normativa americana)

Escaparate Oakley

Escaparate Oakley

Acabamos de cambiar un dos expositores do escaparate para mostrar algúns modelos de gafas de sol Oakley 2014.

Expositor Oakley sol 2014
Expositor Oakley sol 2014

Invitámoste a seguirnos en twitter, onde con regularidade comunicamos as diferentes promocións en curso. Actualmente(*) temos unha invitación para conseguir uns cristáis de sol graduados Oakley con un 50% de desconto.

Estos son os modelos que están expostos. Clicando nos elementos da galería podes ver o modelo en detalle.

Se nos visitas poderás ver moitos máis modelos e estamos a túa disposición se desexas un modelo ou cor concreta así como unha gafa personalizada Oakley.

(*) na data de publicación do artigo. Oferta limitada suxeita as condicións de Oakley.

RayBan 2014

Desde hai uns días estamos a poñer no twitter varios modelos da colección de sol RayBan 2014 que podedes probar en Tomás,Óptico.

Como vedes, e comentábamos en este chío de gafas de sol Carrera, seguen de actualidade os cristáis con espello que tanto lucen no verán.

Aquí tes unha galería con algún dos modelos que temos na óptica


E aquí a familia “AVIATOR”, con cristal clásico e con espello de cor.
Familia "Aviator"
Familia “Aviator”

Esto só é unha mostra, temos máis variedade de cores e modelos en Tomás Óptico. Se buscas algún modelo ou cor concretos podes contactar con nós (tamén en twitter) para conseguilo. Somos distribuidores oficiais de Ray&Ban.

Gafas personalizadas Oakley

Oakley ten un servizo de personalización de gafas de sol. Coñéceo? Sabe en qué consiste?

imaxe web Oakley

Ven a ser como deseñar un mesmo as gafas de sol que lle gustaría ter. En esa mesma páxina pode ver as diferentes combinacións permitidas para cada modelo xogando coa cor da montura, tipo e cor de cristal, cor do logotipo, cores de varilla, cores das gomas…. e incluso se pode estampar o nome (ou outro texto) no cristal ou un logotipo (con certas restriccións).

Invitámolo a probar na web de Oakley cómo lle gustarían as súas gafas pero en Tomás,Óptico pode acceder a certas combinacións e tipos de cristal non accesibles online, as máis recentes combinacións e opcións,… e tamén vantaxes no prezo respecto aos indicados.

Se precisa máis información pode visitarnos personalmente e axudarémoslle a deseñar as súas gafas personalizadas tanto para vostede como para regalo.