un dos problemas que temos as persoas usuarias de lentes é o do empanamento que acompaña ó uso da máscara.
A gravidade da situación depende de factores como os cambios de temperatura ambiente, material das lentes[2], tipo de máscara, o axuste da máscara á cara (hai que levala ben subida para que se empañe menos), o limpas que están as lentes[1], etc.
Existen diversas solucións para paliar esta dificultade. Coa experiencia de todos estos meses, e tras probar varias delas, atopamos que as gamuzas antivaho son o mellor compromiso entre eficacia e facilidade de uso.
gamuzas antivaho
A súa eficacia, como diciamos, depende de varios factores, pero por regra xeral o seu efecto dura entre 8-12 horas e son válidas para uns 200 usos (uns 4-5 meses).
Instruccións
limpar as lentes do xeito habitual, con gamuza microfibra ou produtos de limpeza e secalas.
frotar coa gamuzaantivaho ambas caras da lente, pricipamente a interna (por ser a que máis se empaña).
pechar herméticamente a bolsa da gamuza antivaho tras o seu uso.
Non hai que lavar a gamuza antivaho, pois perdería o efecto, debes gardala pechada na súa bolsa.
Trátase dunha solución simple e económica para o mantemento das túas lentes.
Compartimos información e recomendacións básicas para persoas que utilizan lentes de contacto e teñen dúbidas sobre como proceder para utilizar e coidar a súas lentes.
Na data de publicación non hai probas que indiquen que as persoas usuarias de lentes de contacto asintomáticos deban deixar de utilizalas debido a un maior risco de desenvolver a COVID-19.
e engade
Non hai probas de que a utilización de gafas graduadas ofreza protección contra SARS-CoV-2 nin de que sexa máis probable que calquera forma de material de lentes de contacto aumente ou reduza o risco ante unha futura infección por COVID-19.
Consellos e recomendacións.
Podes seguir utilizando lentes de contacto. Actualmente non hai probas científicas de que os usuarios de lentes de contacto teñan un maior risco de contraer a COVID-19 en comparación cos usuarios de gafas. Os pacientes deben consultar ó seu profesional da visión se teñen dúbidas.
Os bos hábitos de hixiene son fundamentais. Resulta esencial lavar e secar ben as mans, así como utilizar e manter adecuadamente as lentes de contacto, asegurar unha boa hixiene do estoxo e limpar regularmente as gafas co auga e xabón. Estos hábitos axudarán ós usuarios a manterse sanos e evitará que teñan que acudir ó centro de saúde ou ó hospital, minimizando así o impacto no sistema sanitario xeral.
As gafas normais non proporcionan protección. Non hai probas científicas que sustenten os rumores de que as gafas de uso diario ofrecen protección contra COVID-19: unha posición apoiada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos EEUU (CDC), que sinala que non as califican como Equipo de Protección Personal (PPE).
Manter as mans sen lavar lonxe da cara. Independentemente de que se utilicen lentes de contacto ou gafas ou de que non se requira corrección visual algunha, todo o mundo debe evitar tocar o nariz, a boca ou os ollos coas mans sen lavar, de acordo coas recomendacións da Organización Mundial da Sáúde (OMS) e os CDC.
En caso de estar enfermo, hai que deixar de utilizar lentes de contacto temporalmente. As persoas usuarias de lentes de contacto que estén enfermas deben voltar a utilizar as gafas temporalmente. Poden voltar a utilizar lentillas cunhas lentes NOVAS e un estoxo NOVO cando se recuperen completamente.
Cada vez sodes máis as persoas que nos preguntades “onde debo tirar as lentes de contacto tras o seu uso”?
Esta pregunta fala ben da conciencia que como sociedade estamos a tomar do problema da contaminación do medio ambiente e en particular dos problemas que causa o omnipresente plástico.
As lentes de contacto (lentillas) están fabricadas con materiais “tipo plástico”, polo tanto pertencen a fracción non orgánica do lixo que debemos levar ao contedor amarelo ou o colector do lixo específico que se indique onde resides.
O artigo fala das persoas que gustan de correr ou andar ao aire libre, pero é de aplicación a calquera actividade que realizamos e estamos expostas ao sol como por exemplo o ciclismo, escalada, golf, surf, tenis, piragüismo, surf de remo, navegación, etc.
Lembra que en verán o nivel de radiación é moi superior ao habitual incluso si está nublado, pois as nubes non protexen de todo tipo de radiación.
No artigo anterior, explicamos os diferentes tipos de cristales de sol así como as súas características segundo o tipo de ambiente e actividade.
As lentes solares de Etnia están elaboradas a partir de cristal puro e tratadas coa tecnoloxía máis avanzada, teñen dúas características que as fan únicas.
El triunfo de Baco (interpretación, Etnia #BeAnArtist)
O ollo humano é 200 veces máis sensible que a pel
A lente mineral ofrece unha nitidez espectacular e realza a intensidade das cores primarias. Ningún outro material ofrece semellante calidade de visión.
Ao estar fabricadas a partir de cristal puro e levar un tratamento anti-scratch, a resistencia da lente é moi alta e permite que a súa superficie nunca se raie.
Os trocos nas condicións de luminosidade ao longo do día poden afectar considerablemente a agudeza e comodidade visuais.
Etnia traballa cos mellores materiais do mundo. Con este compromiso a visión a través das súas lentes minerais non ten comparación coa que proporcionan as lentes convencionais, tanto na percepción como en saúde visual: a protección fronte os raios Ultra Violeta e Infravermellos é do 100%. Mod. Verdi BRGD
A luz é unha pequena parte da radiación do sol que o noso ollo pode ver. Pero o resto da radiación é invisible, mais nótanse os efectos.
Etnia posúe varias categorías de lentes, con diferentes niveis de oscurecemento, dependendo do estilo e da finalidade de uso de cada producto.
Categoría 1. lixeiramente coloreadas, para zonas urbanas e días con luminosidade solar lixeira.
Categoría 2. adecuadas para utilizarse en exteriores con luminosidde media.
Categoría 3. recomendadas para luminosidade solar forte, propia das zonas de plaia e montaña.
Categoría 4. son indicadas para situacións de luminosidade extrema, como cando se practican actividades en contextos de luz intensa, como no deserto ou a montaña.
Categoría filtro solar
Tratamentos
Anti-scratch
Impide que os cristais se raien con facilidade
Oleofóbico
Protexe os cristais da suciedacde e facilita a súa limpeza
Hidrofóbico
Fai que a lente repela a auga, mantendo os cristais despexados.
Antirreflexante
Evita o reflexo da luz sobre a superficie da lente aumentado a transparencia, grazas a deposición de múltiples capas sobre a lente base.
As nubes non nos protexen: deixan pasar o 90% da radiación ultravioleta. É un erro pensar que podemos prescindir das gafas de sol nun día de verán só porque está nublado e a luz molesta menos.
Mod. Born Sun
Filtros
Etnia traballa con tres tipos de filtros para adaptar as lentes as necesidades e preferencias de cada persona, segundo o contexto no que se atopen e a finalidade de uso do producto. De este xeito ofrece diferentes opcións de visión para diferentes actividades.
Filtro HD
HD é unha lentes de alta definición que incrementa a experiencia de visión da cor sen reducir a percepción visual. Filtro imprescindible para realzar as cores e proporcionar máis resolución en calquera ambiente.
Filtro polarizado
A lente polarizada contén un filtro especial que minimiza o deslumbramento; bloquea os reflexos molestos e só deixa pasar a luz útil. A visión é nítida, con unha cor e contraste naturais. Especialmente indicada para a condución e os ambientes de auga ou neve, xa que elimina o brillo do sobre sobre a superficie horizontal. Yaletown, BLGD. Imaxe Etnia
filtro fotocromático
A lente fotocromática reacciona aos raios ultravioleta do sol, oscurecéndoa cando os detecta. A visión adáptase comodamente aos cambios e os ollos están relaxados. Recomendada para a condución xa que evita o cansancio visual e ofrece un contraste óptimo.
En un entorno profesional e personal que a cada paso demanda maiores esforzos en tarefas centradas en obxetos nun espazo próximo, xurden elementos tecnolóxicos que nos axudan a paliar os efectos negativos como son o cansanzo visual, escozor e picor de ollos, sequedade, enroxecemento, dor de cabeza, de pescozo, espalda, etc.
A competitividade e necesidade de estar en condicións de realizar o noso traballo fan que busquemos esos elementos que nos permiten ser nos mesmos.
Para as túas necesidades e problemas relacionados coa visión en Tomás,Óptico tes a axuda que precisas, ofrecéndoche os productos Seiko.
Seiko Extensive Vision
Seiko Extensive Vision é unha evolución do lente monofocal simple, a lente coa graduación necesaria para a vida cotiá, o que se coñece como “visión lonxana“. Traballando nunha reunión.
Este lente integra un novo deseño asférico asimétrico que redefine o concepto de lente monofocal con un confort adicional que marca a diferencia. Son lentes con tecnoloxía FreeForm, trátase de un lente con unhas características engadidas perfectamente adecuadas ao estilo de vida de personas que non precisando lentes progresivos se benefician de estas características para un traballo continuo e activo en entornos próximos como son traballo con documentos, ordenador, móbil, traballo de oficina, etc.
Son lentes aptas para a condución.
Seiko Indoor
Seiko Indoor é a resposta para as personas dinámicas e esixentes, lentes que relaxan a vision do usuario tanto no ocio como no traballo. Son as lentes óptimas para manexarse en entornos pŕoximos de ate 4 metros. Seiko Indoor son increíblemente confortables polo seu deseño ergonómico e polas melloras no campo de visión próxima. Os movementos do corpo e a cabeza redúcense ao mínimo, evistando as tensións e as dores de cabeza.
Vsita descansada e visión perfecta
Resultado: usuarios con visión relaxasda e total eficacia na súa actividade.
Seiko Indoor é perfecto para as usuarias que precisan un par de gafas adicionais para actividades en interiores. Grazas a Seiko Indoor, xa sexa nunha reunión ou nunha conversa, os movementos oculares de un interlocutor a outro, a unhas notas ou a pantalla nunha presentación, resultan extremadamente cómodos e naturais. Poderás moverte e actuar con total naturalidade e ao mismo tempo ten unha visión perfectamente cómoda e relaxada.
Sen dúbida son as lentes idóneas para actividades en espazos pechados. Representación gráfica de Seiko Indoor
Son lentes non aptas para a condución.
Seiko Indoor PC
Trátase de un lente específicamente deseñada para traballar diante de un PC, portátil ou tableta.
Son lentes con tecnoloxía FreeForm dispoñible nunha amplia gama de materiales e tratamentos. Seiko Indoor PC está especialmente deseñada para traballar en entornos de visión de 30cm. a 2m., unha magnífica solución para traballar na oficina. representación gráfica do tipo de uso recomendado para Seiko Indoor PC, imaxe da web Seiko Non son aptas para condución.
Visítanos en Tomás,Óptico para coñecer a solución que mellor se adapta as túas necesidades, ou ben utiliza a caixa de texto inferior para realizar calquer consulta ou comentario.
En Tomás,Óptico grazas a Coopervision dispoñemos da máis ampla gama de lentes de contacto para aportar solucións as necesidades dos nosos clientes.
Cada vez é máis frecuente que nos consultedes casos relacionados con traballos con dispositivos dixitais, cansanzo e estrés visual.
Coopervision ven de deseñar un producto específico para este tipo de problemas. Biofinity Energys.
Grazas a, por unha parte, innovación e desenvolvemento de novos materiais que melloran a hidratación e permiten un mellor aporte de osíxeno ao ollo; e por outra, o deseño de superficies asféricas na cara anterior da lente que facilitan o enfoque a diferentes distancias de un xeito máis cómodo e preciso, Biofinity Energys consigue que a experiencia de uso mellore para o usuario de lentes de contacto.
No escaparate de Tomás,Óptico podes ver unha infografía do proceso que leva a sentir vista cansada.
os síntomas
e cómo intentar minimizalos
Solicita a túa proba gratuíta e sen conpromiso.
Ven a consultar o teu caso particular e solicita unha proba de Biofinity Energys (un mes de uso) para poder valorar as súas vantaxes con respecto a unha lente convencional.
Cando vides a consultar algún problema relacionado coa visión algunhas veces temos dificultades para facer entender a qué nos estamos referindo cando falamos da “córnea“, da “pupila“, “retina“, etc.
Para intentar aclarar os termos máis habituais deixamos aquí estas imaxes e unha pequena explicación das máis relevantes.
Vista exterior
Vista exterior
En esta vista resaltamos
Pupila: un burato. É o lugar no centro do ollo, por onde entra a luz que posteriormente será detectada na retina.
Iris: é o músculo que forma a pupila e trátase da parte coloreada do ollo, o que lle da a cor característica de cada persona.
Córnea: é a parte máis exterior do ollo (ver o seguinte apartado) e está en contacto co ambiente do mesmo xeito que a pel en outras partes do corpo. En condicións normáis é totalmente transparente para permitir o paso da luz e a súa función é actuar como lente para formar unha imaxe na retina.
Para as usuarias de lentes de contacto é unha parte moi importante do ollo, pois está en contacto coas lentes e a súa saúde depende de unha boa adaptación e elección da lente de contacto.
O ollo por dentro
O interior do ollo
Na imaxe superior podemos apreciar a complexidade e número das estructuras (tecidos de soporte, vasos sanguíneos, nervios, músculos,etc.) que conforman o ollo humano.
A luz entra pola pupila, atravesa o humor vítreo e fórmase enfocada na retina. A luz de esta imaxe estimula as células da retina que a transforman nun sinal eléctrico que viaxa ate varias zonas do cerebro onde será procesada e interpretada.
A córnea
Córnea
Tal como comentábamos arriba, a córnea ten gran relevancia para a visión, pois actúa como un lente que enfoca a imaxe na retina (xunto con outras partes do ollo). Se esta parte non está ben axustada, si cambiou lixeiramente a súa forma ou curvatura, influirá sobre cómo se forma esa imaxe na retina contribuíndo así aos defectos visuais máis habituais (miopía, hipermetropía e astigmatismo).
A correcta adaptación de lentes de contacto deberá ter en conta de forma especial cómo interactúa a lente coa córnea preservando en todo momento a saúde e funcionabilidade da misma.
O Cristalino
Está sinalado na imaxe con unha raia negra e trátase da estructura que máis aspecto de lente ten. A súa principal función é a de enfocar na retina de forma precisa a imaxe do obxeto que estamos mirando. Obxetos situados a diferentes distancias precisan ser enfocados, como nunha cámara fotográfica, e o cristalino modula a súa forma para cumplir esta función.
O cristalino é totalmente transparente como a córnea, pero cando unha persona ten cataratas, o cristalino perde esta transparencia. Trátase de un problema ocular que non se pode solucionar cambiando de graduación nas gafas, se non que require (en estados avanzados) de unha operación para ser solucionado.
Agardamos que sexa do teu interés e che resulte informativo este artigo.
Se queres facer algún comentario podes utilizar a caixa de texto inferior e tamén podes compartir esta información nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí mismo. Grazas!
Viaxar en avión para as usuarias de lentes de contacto supón sempre a mesma dúbida.
¿Podo levar o líquido das lentillas na equipaxe de man?
A continuación traémosche unhas recomendacións así como a ligazón para obter información das autoridades competentes no tema.
A normativa
Non existe unha norma única ao respecto no transporte aéreo e con un ámbito de aplicación mundial, polo que deberemos atender as particularidades da orixe e destino do voo así como a nacionalidade da compañía utilizada.
Como norma xeral non se permiten os envases grandes (350ml.) na equipaxe de man, pero SI na maleta facturada.
Na equipaxe de man podes levar un envase non máis grande de 100ml., a pesar de que algún cliente nos informou de que viaxando con algunha compañía aérea, en EE.UU. lle permitiron envases grandes porque o consideraban unha das excepcións no transporte de medicamentos necesarios.
Mais depende do criterio da compañía aérea, xa que na maioría dos casos consultados tiveron problemas con envases grandes na equipaxe de man.
Consulta o caso coa túa compañía de transporte antes de ir ao aeroporto para evitar molestias innecesarias e problemas de última hora.
Recomendamos
Levar sempre unhas gafas.
ocupan pouco, pesan pouco, e pódennos sacar de un bo apuro.
Levar un envase de ate 100ml e un estuche portalentillas na equipaxe de man.
de este xeito minimizamos o risco de ter problemas en algún control de aeroporto.
Si é unha viaxe corta (10 ou 15 días), valora a posibilidade de utilizar lentes de contacto de uso diario
así non precisarás utilizar líquidos de mantemento 😉
Se é unha viaxe longa procura levar un envase grande na maleta pois non sempre é doado atopar o mesmo producto coa composición axeitada en determinados lugares do mundo.
Consulta a empresa de transporte que vas a utilizar, con antelación, a súa política ao respecto.
Esperamos que che resulte útil esta información e que teñas voa viaxe! 😀
Comparte a túa experiencia con nos utilizando a caixa de comentarios de aquí abaixo. Tamén podes compartir este artigo nas túas redes sociáis utilizando as íconas seguintes. Gracias!