¿Cristáis de sol polarizados?

Nas portas do verán comezamos a notar a necesidade de utilizar gafas de sol para protexer os ollos e tamén… para lucir máis guap@s, se cabe 🙂

Deixaremos a un lado as consideracións estéticas para responder a unha pregunta que xorde de xeito recurrente cando vides a por unhas novas gafas de sol. ¿Qué son os cristáis polarizados? ¿Para qué serven? ¿Non son todas as gafas de óptica “polarizadas”?

Tentaremos en este artigo responder a estas preguntas.

Primeiro, un pouco de información técnica. Sen entrar en detalle pódese dicir que a luz é radiación electromagnética que se propaga en forma de onda (esto é moi resumido). Na wikipedia temos unha explicación sobre esto [2], pero para o noso caso o que nos incumbe é que a maioría da luz que vemos é luz incoherente (utilizando a nomenclatura do artigo) pero que a luz ao reflexarse en determinadas superficies acaba “concentrándose” nunha determinada polarización. Por eso é máis “intensa” pero coa vantaxe de poder ser “filtrada” por unha gafas de sol. Esto é o que acontece de xeito moi resumido.

 

gráfico explicativo [essilor.co.uk]
  • Elimina o deslumbramento
  • Mellora a percepción das cores
  • Aumenta o contraste
  • Mellor confort visual
  • 100% protección radiación ultravioleta (UVA/B)

 

Vantaxes:

Para conducir

As lentes polarizadas ofrecen maior seguridade. Eliminan o deslumbramento causado polo asfalto húmido e outros coches.

efecto sobre a condución por deslumbramento [imaxe andeloptik/essilor]

Para practicar deporte

Son particularmente últiles en deportes acuáticos (como navegar e pescar) e en deporte de inverno (neve). Sempre que os ollos estén ssometidos a un estré continuo causado polo reflexo da luz solar sobre superficies planas (auga, xeo, neve, …), pero polo aumento do contraste e a mellor percepción das cores, resultan moi axeitadas para calquer tipo de actividade dináminca en exteriores.

elimina reflexos na auga [imaxe ardenes-optique]

Para aumentar o confort

Ao longo de todo o ano, os usuarios poderán redescubrir o placer de unha mellor visión. As cores percíbense máis vivas e unha vez que se aprecia a diferencia con respecto a uns cristáis de sol normáis non quererá utilizar outros.

efecto sobre as cores [imaxe wikipedia]

Para protexerse

Para os ollos sensibles a luz e que precisan da máxima protección, en especial xente maior e aqueles que foros operados de cataratas ou ciruxía refractiva.

 

Polo tanto, uns cristáis de sol polarizados proporcionan un maior confort visual, mellor visión e protección para os ollos. Quere dicir esto que os cristáis de sol normáis non protexen suficientemente? Non, os cristáis de sol normales ofrecen unha protección axeitada para a radiación ultravioleta así como para a alta intensidade da luz, pero non teñen estos valores engadidos que acabamos de mencionar. Os cristáis de sol normáis son bos, os polarizados, son mellores. Podes estar tranquil@ e correctamente protexid@ con un cristal de sol normal que cumpla coa normativa vixente:

Directiva europea 89/686/CEE sobre “Equipos de protección individual”

e normas

EN 1836:2005 (normativa europea)

ANSI Z80.3:2010 (normativa americana)

Un comentario en “¿Cristáis de sol polarizados?”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*