A lente mineral de Etnia Barcelona
As lentes solares de Etnia están elaboradas a partir de cristal puro e tratadas coa tecnoloxía máis avanzada, teñen dúas características que as fan únicas.

O ollo humano é 200 veces máis sensible que a pel
- A lente mineral ofrece unha nitidez espectacular e realza a intensidade das cores primarias. Ningún outro material ofrece semellante calidade de visión.
- Ao estar fabricadas a partir de cristal puro e levar un tratamento anti-scratch, a resistencia da lente é moi alta e permite que a súa superficie nunca se raie.
Os trocos nas condicións de luminosidade ao longo do día poden afectar considerablemente a agudeza e comodidade visuais.
Etnia traballa cos mellores materiais do mundo. Con este compromiso a visión a través das súas lentes minerais non ten comparación coa que proporcionan as lentes convencionais, tanto na percepción como en saúde visual: a protección fronte os raios Ultra Violeta e Infravermellos é do 100%.
A luz é unha pequena parte da radiación do sol que o noso ollo pode ver. Pero o resto da radiación é invisible, mais nótanse os efectos.
Etnia posúe varias categorías de lentes, con diferentes niveis de oscurecemento, dependendo do estilo e da finalidade de uso de cada producto.
- Categoría 1. lixeiramente coloreadas, para zonas urbanas e días con luminosidade solar lixeira.
- Categoría 2. adecuadas para utilizarse en exteriores con luminosidde media.
- Categoría 3. recomendadas para luminosidade solar forte, propia das zonas de plaia e montaña.
- Categoría 4. son indicadas para situacións de luminosidade extrema, como cando se practican actividades en contextos de luz intensa, como no deserto ou a montaña.

Tratamentos
Anti-scratch
Impide que os cristais se raien con facilidade
Oleofóbico
Protexe os cristais da suciedacde e facilita a súa limpeza
Hidrofóbico
Fai que a lente repela a auga, mantendo os cristais despexados.
Antirreflexante
Evita o reflexo da luz sobre a superficie da lente aumentado a transparencia, grazas a deposición de múltiples capas sobre a lente base.
As nubes non nos protexen: deixan pasar o 90% da radiación ultravioleta. É un erro pensar que podemos prescindir das gafas de sol nun día de verán só porque está nublado e a luz molesta menos.

Filtros
Etnia traballa con tres tipos de filtros para adaptar as lentes as necesidades e preferencias de cada persona, segundo o contexto no que se atopen e a finalidade de uso do producto. De este xeito ofrece diferentes opcións de visión para diferentes actividades.
Filtro HD
HD é unha lentes de alta definición que incrementa a experiencia de visión da cor sen reducir a percepción visual. Filtro imprescindible para realzar as cores e proporcionar máis resolución en calquera ambiente.
Filtro polarizado
A lente polarizada contén un filtro especial que minimiza o deslumbramento; bloquea os reflexos molestos e só deixa pasar a luz útil. A visión é nítida, con unha cor e contraste naturais. Especialmente indicada para a condución e os ambientes de auga ou neve, xa que elimina o brillo do sobre sobre a superficie horizontal.
filtro fotocromático
A lente fotocromática reacciona aos raios ultravioleta do sol, oscurecéndoa cando os detecta. A visión adáptase comodamente aos cambios e os ollos están relaxados. Recomendada para a condución xa que evita o cansancio visual e ofrece un contraste óptimo.
Texto: Etnia Barcelona. Adaptado e traducido: Tomás,Óptico
Catálogo 2018 Etniabarcelona
Un comentario en “Etnia Barcelona coida dos teus ollos”