Coleccións de monturas para os máis cativos da casa.
Estrenamos mes presentando varias coleccións de gafas con diseños apropiados para resistir o trote que lle meten os rapaces.
SNOOP!
Esta é unha das marcas máis solicitadas tanto polos pais, por flexibles, cómodas e resistentes, así como polos oftalmólogos debido a ponte baixa que fai que a gafa quede moi ben centrada.

Máis información e catálogo http://snoop.es/
NANO
Esta colección ten similares características en canto a súa adaptación e ademáis teñen un sistema intercambiable de varillas totalmente flexible.

Na imaxe superior vemos a cinta para acoplar as varillas e a cinta para sustituír as mesmas para poder utilizala como unha gafa deportiva (para xogar).

Máis información e catálogo en http://gvo-optic.com/es/199-nano-coleccion-2015-2016
Westwood Kids
Lixeiras e moi cómodas, para cando xa non son tan pequenos.

Con deseños e cores divertidas.

Máis información e catálogo en http://www.viudademontemerlo.es/marca/kids-by-westwood/
Sáfilo
Un dos principales fabricantes de gafas a nivel mundial que pon toda a súa experiencia no deseño de esta colección.

Máis información e catálogo na web http://safilo.com/kids/
Imaxe destacada do artigo: web Sáfilo Kids
Si che resultou interesante este artigo pódelo compartir nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí abaixo.
Tamén podes facer calquer consulta ou comentario contactándonos no formulario inferior ou en @tomasoptico