Temos o pracer de poder compartir contigo a boa nova de que formamos parte do selecto grupo de establecementos que poñen a tua disposición o catálogo de vista e gafas de sol da marca Gucci.
Tras un proceso de renovación completa das súas coleccións, en 2020 preséntase de novo a vangarda do deseño, estilo e exclusividade.
En Tomás,Óptico intentamos ofrecerche as maiores facilidades para que poidas desfrutar dos productos e servizos que poñemos a túa disposición.
Un novo servizo súmase a esta oferta, un novo xeito de adiar o pagamento das túas compras.
simple e rápido: confirmación ao momento.
Coa túa TARXETA HABITUAL
Podes fraccionar o pagamento escollendo o número de plazos desexados utilizando a túa tarxeta de crédito ou débito que usas normalmente, incluso se na propia tarxeta non tes activado o pagamento a plazos.
¿Que precisas?
Tarxeta de crédito/débito activa
Número de móbil e o teu DNI
¿Como funciona?
Indica o importe a pagar (desde 100€) e plazos (ate 12)
Escolle a modalidade que desexas
Valida a operación cun SMS no móbil
Ao momento terás a confirmación da operación.
Na túa próxima visita consúltanos calquer dúbida e as condicións concretas do importe que desexes adiar.
Unha combinación de montura metálica en cor ouro con forma octogonal
lentes en estado claro
Os lentes fotocromáticos adáptanse a cantidade de luz ambiente. En zonas de sombra ou interiores manteñen un suave tono, en este caso rosa, e ao recibir a luz directa do sol acentúase a cor.
as mesmas lentes ao estar expostas ao sol
Así, producen un chamativo efecto estético ademáis de coidar os teus ollos con un nivel superior de protección.
Cada vez sodes máis as persoas que nos preguntades “onde debo tirar as lentes de contacto tras o seu uso”?
Esta pregunta fala ben da conciencia que como sociedade estamos a tomar do problema da contaminación do medio ambiente e en particular dos problemas que causa o omnipresente plástico.
As lentes de contacto (lentillas) están fabricadas con materiais “tipo plástico”, polo tanto pertencen a fracción non orgánica do lixo que debemos levar ao contedor amarelo ou o colector do lixo específico que se indique onde resides.
Con este termómetro e higrómetro compacto poderá medir con precisión temperatura e humidade de calquer espazo.
Características
Lectura dixital de temperatura e humidade do ambiente
Temperatura: -10ºC ate 60ºC (1%marxe)
Humidade: do 10% ao 99% de humidade relativa (5%marxe)
Alimentado por batería LR44/AG13
Descrición
Con só 5 cm de ancho x 4 cm. de alto, estamos ante un instrumento electrónico de precisión para medir a temperatura e humidade así como os valores máximos e mínimos de ambos parámetros.
Debido ao seu tamaño compacto é facilmente transportable para controlar diferentes estancias do seu fogar ou local.
Ao ser tan lixeiro, incluso é posible instalalo suxeito a superficies planas (mediante cinta adhesiva incluída) ou utilizando o pé desplegable.