Un tema recurrente na nosa consulta soen ser as relacionadas co uso de lentes de contacto por parte dos nenos. A qué idade poden empezar a utilizalas? cál é o uso máis aconsellable? qué precaucións adicionáis debemos adoptar?
O uso máis habitual en menores soe estar relacionado coa práctica deportiva e uso ocasional recreativo por cuestións de seguridade para o menor durante a práctica.
No seguinte artigo de Coopervision respóndese a todo este tipo de cuestións.
Desde hai unhas semanas un aviso en portada comunicaba que se estaban a levar a cabo tarefas de mantemento e renovación da nosa páxina web.
Finalmente o día 2 de outubro foi publicada a nova versión para comunicarnos con todos os nosos amigos e clientes.
O novo deseño pretende ter unha interface máis amigable, con deseño actualizado seguindo a tendencia de claridade na exposición dos contidos, acceso doado e directo a información relevante para os nosos visitantes e simplicidade no seu uso. No deseño adaptativo tamén se tiveron en conta os dispositivos móbiles coa sua gran variedade de pantallas e formatos. En este sentido seguiremos mellorando a accesibilidade con novos elementos nas próximas datas.
Como elementos significativos destacan a páxina de CONTACTO, desde ofrecemos toda unha variedade de formas para poder contactar con nós, sendo o teléfono e as mensaxes directas en twitter o xeitos máis directos e rápidos.
A través da sección BITÁCORA accedese a blog.tomasoptico.com que é o lugar onde reseñamos artigos e contidos de actualidade que creemos poden ser do seu interese. Se desexa ver reflexado algún tema ou aclarar calquer dúbida, fáganolo saber e procuraremos contestar en esta sección.
En Productos e Servizos describimos a qué nos dedicamos e qué productos poñemos a súa disposición.
Incorporaránse novos contidos nas próximas semanas así como pequenos axustes na exposición da información (tamén para dispositivos móbiles). Agradecemos que nos faga chegar calquer suxestión, crítica ou opinión respecto a nova web. Que lle parece a nova web? . Comparta este artigo nas súas redes sociáis pulsando nas seguintes iconas.
Na seguinte ligazón poderás acceder a uns consellos básicos pero moi útiles sobre cómo coidar os teus ollos e lentes de contacto para minimizar os posibles problemas derivados do seu uso.
Nas portas do verán comezamos a notar a necesidade de utilizar gafas de sol para protexer os ollos e tamén… para lucir máis guap@s, se cabe 🙂
Deixaremos a un lado as consideracións estéticas para responder a unha pregunta que xorde de xeito recurrente cando vides a por unhas novas gafas de sol. ¿Qué son os cristáis polarizados? ¿Para qué serven? ¿Non son todas as gafas de óptica “polarizadas”?
Tentaremos en este artigo responder a estas preguntas.
Primeiro, un pouco de información técnica. Sen entrar en detalle pódese dicir que a luz é radiación electromagnética que se propaga en forma de onda (esto é moi resumido). Na wikipedia temos unha explicación sobre esto [2], pero para o noso caso o que nos incumbe é que a maioría da luz que vemos é luz incoherente (utilizando a nomenclatura do artigo) pero que a luz ao reflexarse en determinadas superficies acaba “concentrándose” nunha determinada polarización. Por eso é máis “intensa” pero coa vantaxe de poder ser “filtrada” por unha gafas de sol. Esto é o que acontece de xeito moi resumido.
As lentes polarizadas ofrecen maior seguridade. Eliminan o deslumbramento causado polo asfalto húmido e outros coches.
efecto sobre a condución por deslumbramento [imaxe andeloptik/essilor]
Para practicar deporte
Son particularmente últiles en deportes acuáticos (como navegar e pescar) e en deporte de inverno (neve). Sempre que os ollos estén ssometidos a un estré continuo causado polo reflexo da luz solar sobre superficies planas (auga, xeo, neve, …), pero polo aumento do contraste e a mellor percepción das cores, resultan moi axeitadas para calquer tipo de actividade dináminca en exteriores.
elimina reflexos na auga [imaxe ardenes-optique]
Para aumentar o confort
Ao longo de todo o ano, os usuarios poderán redescubrir o placer de unha mellor visión. As cores percíbense máis vivas e unha vez que se aprecia a diferencia con respecto a uns cristáis de sol normáis non quererá utilizar outros.
efecto sobre as cores [imaxe wikipedia]
Para protexerse
Para os ollos sensibles a luz e que precisan da máxima protección, en especial xente maior e aqueles que foros operados de cataratas ou ciruxía refractiva.
Polo tanto, uns cristáis de sol polarizados proporcionan un maior confort visual, mellor visión e protección para os ollos. Quere dicir esto que os cristáis de sol normáis non protexen suficientemente? Non, os cristáis de sol normales ofrecen unha protección axeitada para a radiación ultravioleta así como para a alta intensidade da luz, pero non teñen estos valores engadidos que acabamos de mencionar. Os cristáis de sol normáis son bos, os polarizados, son mellores. Podes estar tranquil@ e correctamente protexid@ con un cristal de sol normal que cumpla coa normativa vixente:
Directiva europea 89/686/CEE sobre “Equipos de protección individual”
Acabamos de cambiar un dos expositores do escaparate para mostrar algúns modelos de gafas de sol Oakley 2014.
Expositor Oakley sol 2014
Invitámoste a seguirnos en twitter, onde con regularidade comunicamos as diferentes promocións en curso. Actualmente(*) temos unha invitación para conseguir uns cristáis de sol graduados Oakley con un 50% de desconto.
Estos son os modelos que están expostos. Clicando nos elementos da galería podes ver o modelo en detalle.
Se nos visitas poderás ver moitos máis modelos e estamos a túa disposición se desexas un modelo ou cor concreta así como unha gafa personalizada Oakley.
(*) na data de publicación do artigo. Oferta limitada suxeita as condicións de Oakley.
Acabamos de cambiar o expositor do escaparate poñendo algúns modelos da colección de graduado de Tom Ford. Queres saber máis sobre Tom Ford? Escaparate Tom Ford
Estos son os modelos actualmente expostos (clica para ver detalle).
Desde hai uns días estamos a poñer no twitter varios modelos da colección de sol RayBan 2014 que podedes probar en Tomás,Óptico.
Como vedes, e comentábamos en este chío de gafas de sol Carrera, seguen de actualidade os cristáis con espello que tanto lucen no verán.
Aquí tes unha galería con algún dos modelos que temos na óptica
AVIATOR 3025 112/69
E aquí a familia “AVIATOR”, con cristal clásico e con espello de cor. Familia “Aviator”
Esto só é unha mostra, temos máis variedade de cores e modelos en Tomás Óptico. Se buscas algún modelo ou cor concretos podes contactar con nós (tamén en twitter) para conseguilo. Somos distribuidores oficiais de Ray&Ban.
Hai un par de días que cambiamos o escaparate poñendo un set de Marc Jacobs.
Na web de Marc by Marc Jacobs podes ver a colección de sol (*)
Aquí tes unhas fotos de mostra (clica nas imaxes).
Escaparate Marc by Marc Jacobs
MMJ 548 (imaxe cloudfront.net) Modelo exposto no escaparate MMJ 587 (imaxe unitedshades.net) MMJ 565 (imaxe visual-clic.com) Modelo exposto no escaparate MMJ 572 (imaxe newegg.com) Modelo exposto no escaparate
Na web de Marc by Marc Jacobs podes ver a colección de sol (*)
(*) Non todos os modelos poden ser adquiridos en todos os países.