Montura + Cristales = 39€

Tal como reza o título de esta entrada temos unha selección de monturas de todas as marcas a un prezo alucinante: 39€ !!

Ver máis exemplos.

Este prezo inclúe a montura e os cristáis graduados monofocáis tanto en material orgánico como mineral.
E.Armani, Agatha Ruiz de la Prada, Versus, Tommy Hilfiguer, Versace, Prada, … invitámoste a visitarnos e a probalas.

montura e cristales incluídos
MiuMiu

 

Podes escoller, se o desexas, outro tipo de cristal (sol, antireflexos, reducidos, fotocromático, …) por moi pouco máis con respecto aos cristales de stock.

Asimesmo ofrecémosche, tamén con cristales incluídos, gafas completas e graduadas a prezos desde os 39€ aos 79€ tanto para visión de cerca como lonxana.

Durante os próximos días iremos publicando en twitter algúns exemplos para axudarche a escoller.

Esta oferta é limitada no tempo e ate fin de existencias. Ven agora!! 😉

¿Subida do IVE gafas e lentes de contacto?

Durante as últimas semanas foron moitas as consultas que recibimos por parte dos nosos clientes ao respecto do título de esta entrada. Queremos expoñer aquí a información que temos.

A data de publicación de este artigo a situación é a mesma que nos anos anteriores, é dicir:

Lentes de contacto, líquidos de mantemento de lentes de contacto e gafas graduadas teñen un tipo de IVE do 10%

Gafas de sol (e accesorios como cadenas, estuches ou líquidos para limpiar gafas) así como lupas, prismáticos, … teñen un tipo de IVE do 21%

As autoridades que teñen a competencia para modificar ditos tipos fixeron declaracións públicas indicando que non estaba previsto cambios en este sentido.

Do mesmo xeito, recibimos comunicacións oficiais a través do Consejo General de Colegios de Ópticos y Optometristas indicando que

… al ser tanto las Gafas Graduadas como los Lentes de Contacto, productos sanitarios, que requieren adaptación individualizada por parte de un profesional, debidamente titulado y colegiado, son utilizados
para las minusvalías físicas de la visión, por lo que el IVA debería permanecer al 10%

podedes ver en este ficheiro .pdf a información completa.

Non somos alleos a rumoroloxía, pero ate o momento non hai cambios.

Escaparate para este nadal 2013

Aquí pode ver con detalle (clicar nas imaxes) tal como luce actualmente o noso escaparate.

Actualización

Carrera by Jimmy Choo

visita web Carrera

Carrera by Jimmy Choo

Opposit

visitar web
276869_622965041051177_461618894_n

opposit-1-
***************************************

Chloé (visita páxina web), catálogo 2013

Chloé 2013
Chloé 2013

Chloé
Foto Chloé Nadal 2013

Ray&Ban (visita páxina web)

Ray&Ban
Ray&Ban

Carolina Herrera (visita páxina web)

Tamén da liña  Carolina Herrera New York

Carolina Herrera
Carolina Herrera
Carolina Herrera
Carolina Herrera

Clicando nas seguintes iconas pode compartir esta páxina cos seus contactos

 

Gafas personalizadas Oakley

Oakley ten un servizo de personalización de gafas de sol. Coñéceo? Sabe en qué consiste?

imaxe web Oakley

Ven a ser como deseñar un mesmo as gafas de sol que lle gustaría ter. En esa mesma páxina pode ver as diferentes combinacións permitidas para cada modelo xogando coa cor da montura, tipo e cor de cristal, cor do logotipo, cores de varilla, cores das gomas…. e incluso se pode estampar o nome (ou outro texto) no cristal ou un logotipo (con certas restriccións).

Invitámolo a probar na web de Oakley cómo lle gustarían as súas gafas pero en Tomás,Óptico pode acceder a certas combinacións e tipos de cristal non accesibles online, as máis recentes combinacións e opcións,… e tamén vantaxes no prezo respecto aos indicados.

Se precisa máis información pode visitarnos personalmente e axudarémoslle a deseñar as súas gafas personalizadas tanto para vostede como para regalo.

O Nadal chegou a Burela

Este Nadal o comercio de Burela lanza varias campañas promocionáis e eventos para que todos os nosos clientes poidades facer as vosas compras na vila e ao mesmo tempo poder disfrutar de grandes agasallos en compañía da vosa familia.

No facebook de ACIA dan conta dos diferentes eventos das festas do Nadal, e nos comercios participantes pode coller o tríptico con toda a información.

De ACIA:

O NADAL CHEGA A BURELA COA ÁRBORE DOS DESEXOS, XORNADAS GASTRONOMICAS E MOITAS MAIS ACTIVIDADES

A campaña deste ano, baixo o título de “Este Nadal tes unha cita con Acia Burela”, durará desde o 6 de decembro ata o 5 de xaneiro, e inclúe unha oferta moi variada de actividades:
Árbore dos Desexos e Cabana do Duende: situados na Praza do Concello. Alí se poden depositar as cartas dos nenos para Papá Noel ou os Reis Magos, e tamén a tarxeta co desexo de Nadal. Como o ano pasado, ACIA Burela comprométese a facer realidade 3 dos desexos recibidos. As tarxetas para escribir o desexo pódense conseguir coas compras nos establecementos da campaña. Xunto á árbore tamén se atopará un punto de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.

Domingos de Tendas Abertas: os domingos 22 de decembro e 5 de xaneiro o comercio abrirá en horario especial de mañá e tarde.

Mercadillos de Nadal: na fin de semana do 14-15 celébrase o 4º Rastrillo de Asociacións no edificio das asociacións (antiga Praza de Abastos), no que participan diferentes asociacións e colectivos de Burela. E o domingo 22 xunto á Árbore dos Desexos celébrase un Mercadillo Navideño da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

Outras actividades de Nadal: este Nadal Burela acolle moitas outras actividades, como un concurso fotográfico fronte ós escaparates dos comercios asociados; ambientación navideña con pasarrúas musical o sábado 21; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica; unha xuntanza de Papá Noeis o domingo 22 con churros gratis e no que se sortearán varios regalos; e unha agradable inocentada o día 28 co reparto de billetes especiais no comercio local que se poderán canxear por regalos na Árbore dos Desexos.

Festa Fin do Nadal: o domingo 5 de xaneiro Acia Burela vivirá a súa gran festa de Nadal. Despois da Cabalgata de Reis, na Praza da Mariña celebraráse unha chocolatada e rosconada na que poden tocar moitos regalos directos e vales de desconto nos establecementos da campaña. A partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente. Durante esta festa serán cando se verán cumpridos os 3 desexos da Árbore do Nadal.

DENDE ACIA BURELA QUEREMOS DESEXARVOS UN NADAL CHEO DE LEDICIA E QUE O 2014 VEÑA CARGADIÑO DE BOS DESEXOS !!

tríptico

Hello world!

Hola a tod@s!!

Aquí iniciamos a publicación no blog de Tomás,Óptico.

nós
Tomás,Óptico

Esperamos que os artigos e información que publiquemos sexan do seu interese, lle resulten proveitosos e animámolo a participar nel coas súas preguntas ou suxestións.

¿qué temas lle gustaría que fosen tratados? ¿sobre qué productos ou servizos ten interese en que aparezan aquí destacados?

Reciba un saúdo amigable por este novo medio e grazas polo seu interese.