¿Qué significan os “números” nos #Prismáticos?

Acontece con frecuencia que unha persona interesada en mercar uns prismáticos se dirixa a Tomás,Óptico para informarse, valorar as distintas posibilidades, ver as vantaxes de un tipo ou outro de prismático, comparar prezos e prestacións,… pero se atope perdida ante as siglas e números impresos no propio aparato.

Na ligazón a prismáticos na wikipedia está explicado polo miúdo o funcionamento e usos de estos aparatos pero, como guía rápida, estos son os datos máis relevantes e que con maior frecuencia aparecen nuns prismáticos.
Prismático Sektor 8x42B Eschenbach
Tomemos como exemplo un prismático coa seguinte inscrición:

10×50 110m.

Aumentos

10
Veríamos a imaxe ou obxeto 10 veces máis grande do que o veríamos mirando cos nosos ollos.
Con frecuencia é o parámetro que primeiro miramos, pero debemos ter en conta que a maior aumento a estabilidade da imaxe é máis complicada e requírese a utilización de un trípode ou pe para ver unha imaxe estable.
Valores entre 8 e 12 son os máis habituáis para prismáticos de man.

Diámetro do obxetivo

50 milímetros.
Trátase do diámetro da lente obxetivo (non pola que miramos, que se chama ocular) e a súa importancia estriba en que canto máis grande sexa máis cantidade de luz entrará no prismático dando como resultado unha visión máis luminosa (fundamental en fragas moi pechadas ou entre lusco e fusco), cores máis definidas e mellor contraste.
O problema dos grandes diámetros é o volumen e peso que adquire o aparato (que o farían desaconsellable para uso de man) así como a necesidade de un sistema de lentes de calidade que minimice as posibles aberracións.

Apertura a 1Km

110m.
Trátase do campo visual que obtemos a un quilómetro de distancia. É dicir, a unha distancia de un quilómetro veríamos unha imaxe de 110 metros de ancho.

En Tomás,Óptico somos distribuidores da prestixiosa marca alemana Eschenbach con 5 anos de garantía. Aquí pode ver unha escolma do catálogo ordenados segundo as súas características e recomendacións de uso.

Se lle resultou útil este artigo, compártao nas súas redes sociáis utilizando as seguintes iconas. Grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*