Gafas de Sol, verán 2017

Nás últimas semanas fomos mostrando no noso taboleiro de Moda en Pinterest (e nos chíos da twitter) varios modelos e suxestións das gafas de sol que máis verás este verán do 2017.

Moitos dos modelos expostos témolos en stock en Tomás,Óptico (ate fin de existencias, consúltanos) polo que podes vir a velos, probalos e mercalos directamente.

De igual xeito, engadimos fotografías das últimas tendencias en gafas de sol. Podes ver que as gafas con cristais redondos, doble ponte (incluso cella remarcada), espellos suaves e degradados, son denominador común que conviven con modelos algo menos atrevidos e os clásicos de sempre.

No escaparate tamén puxemos un novo display da marca Liu-Jo. Moi lucido!! Xa o viches?

cartel escaparate LiuJo primavera verán 2017
Liu-Jo SS17, fai click na imaxe.

Disfruta das Festas!!

Aproveitamos que en esta semana celebramos as Festas patronais de Burela, queremos desexarlle a todos os veciños e personas que nos visitan que as disfruten e celebren na compañía de amigos e familiares.

Se che resultou interesante este artigo podes compartilo nas túas redes sociais utilizando as iconas seguintes. Utilizando a caixa de texto inferior podes deixarnos calquer comentario, opinión ou consulta. Grazas por lernos! 😉

Empieza tu jornada con Polaroid

Empieza tu jornada con Polaroid.

Olá! Traemos novedades.

Este luns que comeza unha promoción a disfrutar de un premio se mercas unhas gafas de sol Polaroid.

logo Polaroid

 

O premio consiste nunha comida para 4 personas nunha terraza dun restaurante de Burela.

Visita o sitio web de Polaroid para coñecer a colección ao completo e ven a probalas a Tomás,Óptico.

Toda a colección conta con cristales polarizados, tanto con espello coma sen el, para unha maior protección e calidade na visión. Seguro que coñeces Polaroid, aquí tes a súa historia.

Destacan os modelos da colección Twist, flexibles, lixeiros, cómodos e en cores moi divertidas!

Colección TWIST

E o prezo?

Tamén sorprendente!

Son unhas gafas de sol de prezo moi asequible, divertidas, para disfrutar do verán.

¿Cómo conseguir o premio?

Só tes que mercar unhas gafas de sol Polaroid desde hoxe 13 de Xuño e ate o 18 de Xullo, conservar o comprobante (ticket) e enviar unha SMS ao 91 106 40 64 coa palabra “POLAROID” (0,15€+ive) para participar no sorteo (máis rápido e económico que enviar unha carta). Bases ante notario.

Así de simple. Haberá 10 gañadores por semana de 1 comida para 4 personas.

 

Non o dubides! Ven a probalas!

 

Se che resultou interesante, podes compartir esta promoción nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí abaixo 😉

Gracias por visitarnos.

O Nadal chegou a Burela

Este Nadal o comercio de Burela lanza varias campañas promocionáis e eventos para que todos os nosos clientes poidades facer as vosas compras na vila e ao mesmo tempo poder disfrutar de grandes agasallos en compañía da vosa familia.

No facebook de ACIA dan conta dos diferentes eventos das festas do Nadal, e nos comercios participantes pode coller o tríptico con toda a información.

De ACIA:

O NADAL CHEGA A BURELA COA ÁRBORE DOS DESEXOS, XORNADAS GASTRONOMICAS E MOITAS MAIS ACTIVIDADES

A campaña deste ano, baixo o título de “Este Nadal tes unha cita con Acia Burela”, durará desde o 6 de decembro ata o 5 de xaneiro, e inclúe unha oferta moi variada de actividades:
Árbore dos Desexos e Cabana do Duende: situados na Praza do Concello. Alí se poden depositar as cartas dos nenos para Papá Noel ou os Reis Magos, e tamén a tarxeta co desexo de Nadal. Como o ano pasado, ACIA Burela comprométese a facer realidade 3 dos desexos recibidos. As tarxetas para escribir o desexo pódense conseguir coas compras nos establecementos da campaña. Xunto á árbore tamén se atopará un punto de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.

Domingos de Tendas Abertas: os domingos 22 de decembro e 5 de xaneiro o comercio abrirá en horario especial de mañá e tarde.

Mercadillos de Nadal: na fin de semana do 14-15 celébrase o 4º Rastrillo de Asociacións no edificio das asociacións (antiga Praza de Abastos), no que participan diferentes asociacións e colectivos de Burela. E o domingo 22 xunto á Árbore dos Desexos celébrase un Mercadillo Navideño da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

Outras actividades de Nadal: este Nadal Burela acolle moitas outras actividades, como un concurso fotográfico fronte ós escaparates dos comercios asociados; ambientación navideña con pasarrúas musical o sábado 21; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica; unha xuntanza de Papá Noeis o domingo 22 con churros gratis e no que se sortearán varios regalos; e unha agradable inocentada o día 28 co reparto de billetes especiais no comercio local que se poderán canxear por regalos na Árbore dos Desexos.

Festa Fin do Nadal: o domingo 5 de xaneiro Acia Burela vivirá a súa gran festa de Nadal. Despois da Cabalgata de Reis, na Praza da Mariña celebraráse unha chocolatada e rosconada na que poden tocar moitos regalos directos e vales de desconto nos establecementos da campaña. A partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente. Durante esta festa serán cando se verán cumpridos os 3 desexos da Árbore do Nadal.

DENDE ACIA BURELA QUEREMOS DESEXARVOS UN NADAL CHEO DE LEDICIA E QUE O 2014 VEÑA CARGADIÑO DE BOS DESEXOS !!

tríptico