Fracciona o pagamento das túas compras en Tomás Óptico

En Tomás,Óptico intentamos ofrecerche as maiores facilidades para que poidas desfrutar dos productos e servizos que poñemos a túa disposición.

Un novo servizo súmase a esta oferta, un novo xeito de adiar o pagamento das túas compras.

esquema do procedemento
simple e rápido: confirmación ao momento.

Coa túa TARXETA HABITUAL

Podes fraccionar o pagamento escollendo o número de plazos desexados utilizando a túa tarxeta de crédito ou débito que usas normalmente, incluso se na propia tarxeta non tes activado o pagamento a plazos.

¿Que precisas?

  • Tarxeta de crédito/débito activa
  • Número de móbil e o teu DNI

¿Como funciona?

  • Indica o importe a pagar (desde 100€) e plazos (ate 12)
  • Escolle a modalidade que desexas
  • Valida a operación cun SMS no móbil

Ao momento terás a confirmación da operación.

Na túa próxima visita consúltanos calquer dúbida e as condicións concretas do importe que desexes adiar.

¿Subida do IVE gafas e lentes de contacto?

Durante as últimas semanas foron moitas as consultas que recibimos por parte dos nosos clientes ao respecto do título de esta entrada. Queremos expoñer aquí a información que temos.

A data de publicación de este artigo a situación é a mesma que nos anos anteriores, é dicir:

Lentes de contacto, líquidos de mantemento de lentes de contacto e gafas graduadas teñen un tipo de IVE do 10%

Gafas de sol (e accesorios como cadenas, estuches ou líquidos para limpiar gafas) así como lupas, prismáticos, … teñen un tipo de IVE do 21%

As autoridades que teñen a competencia para modificar ditos tipos fixeron declaracións públicas indicando que non estaba previsto cambios en este sentido.

Do mesmo xeito, recibimos comunicacións oficiais a través do Consejo General de Colegios de Ópticos y Optometristas indicando que

… al ser tanto las Gafas Graduadas como los Lentes de Contacto, productos sanitarios, que requieren adaptación individualizada por parte de un profesional, debidamente titulado y colegiado, son utilizados
para las minusvalías físicas de la visión, por lo que el IVA debería permanecer al 10%

podedes ver en este ficheiro .pdf a información completa.

Non somos alleos a rumoroloxía, pero ate o momento non hai cambios.

O Nadal chegou a Burela

Este Nadal o comercio de Burela lanza varias campañas promocionáis e eventos para que todos os nosos clientes poidades facer as vosas compras na vila e ao mesmo tempo poder disfrutar de grandes agasallos en compañía da vosa familia.

No facebook de ACIA dan conta dos diferentes eventos das festas do Nadal, e nos comercios participantes pode coller o tríptico con toda a información.

De ACIA:

O NADAL CHEGA A BURELA COA ÁRBORE DOS DESEXOS, XORNADAS GASTRONOMICAS E MOITAS MAIS ACTIVIDADES

A campaña deste ano, baixo o título de “Este Nadal tes unha cita con Acia Burela”, durará desde o 6 de decembro ata o 5 de xaneiro, e inclúe unha oferta moi variada de actividades:
Árbore dos Desexos e Cabana do Duende: situados na Praza do Concello. Alí se poden depositar as cartas dos nenos para Papá Noel ou os Reis Magos, e tamén a tarxeta co desexo de Nadal. Como o ano pasado, ACIA Burela comprométese a facer realidade 3 dos desexos recibidos. As tarxetas para escribir o desexo pódense conseguir coas compras nos establecementos da campaña. Xunto á árbore tamén se atopará un punto de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.

Domingos de Tendas Abertas: os domingos 22 de decembro e 5 de xaneiro o comercio abrirá en horario especial de mañá e tarde.

Mercadillos de Nadal: na fin de semana do 14-15 celébrase o 4º Rastrillo de Asociacións no edificio das asociacións (antiga Praza de Abastos), no que participan diferentes asociacións e colectivos de Burela. E o domingo 22 xunto á Árbore dos Desexos celébrase un Mercadillo Navideño da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

Outras actividades de Nadal: este Nadal Burela acolle moitas outras actividades, como un concurso fotográfico fronte ós escaparates dos comercios asociados; ambientación navideña con pasarrúas musical o sábado 21; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica; unha xuntanza de Papá Noeis o domingo 22 con churros gratis e no que se sortearán varios regalos; e unha agradable inocentada o día 28 co reparto de billetes especiais no comercio local que se poderán canxear por regalos na Árbore dos Desexos.

Festa Fin do Nadal: o domingo 5 de xaneiro Acia Burela vivirá a súa gran festa de Nadal. Despois da Cabalgata de Reis, na Praza da Mariña celebraráse unha chocolatada e rosconada na que poden tocar moitos regalos directos e vales de desconto nos establecementos da campaña. A partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente. Durante esta festa serán cando se verán cumpridos os 3 desexos da Árbore do Nadal.

DENDE ACIA BURELA QUEREMOS DESEXARVOS UN NADAL CHEO DE LEDICIA E QUE O 2014 VEÑA CARGADIÑO DE BOS DESEXOS !!

tríptico