Compartimos información e recomendacións básicas para persoas que utilizan lentes de contacto e teñen dúbidas sobre como proceder para utilizar e coidar a súas lentes.
Hai unhas semanas compartíamos un vídeo con información para utilizar as lentes de contacto. Engadimos agora un extracto dun artigo publicado en Gaceta de Optometría y Óptica Oftálmica
“File:Put on contact lens.jpg” by Moist.acuvuehk is licensed under CC0 1.0
Conclusións
Na data de publicación non hai probas que indiquen que as persoas usuarias de lentes de contacto asintomáticos deban deixar de utilizalas debido a un maior risco de desenvolver a COVID-19.
e engade
Non hai probas de que a utilización de gafas graduadas ofreza protección contra SARS-CoV-2 nin de que sexa máis probable que calquera forma de material de lentes de contacto aumente ou reduza o risco ante unha futura infección por COVID-19.
Consellos e recomendacións.
- Podes seguir utilizando lentes de contacto. Actualmente non hai probas científicas de que os usuarios de lentes de contacto teñan un maior risco de contraer a COVID-19 en comparación cos usuarios de gafas. Os pacientes deben consultar ó seu profesional da visión se teñen dúbidas.
- Os bos hábitos de hixiene son fundamentais. Resulta esencial lavar e secar ben as mans, así como utilizar e manter adecuadamente as lentes de contacto, asegurar unha boa hixiene do estoxo e limpar regularmente as gafas co auga e xabón. Estos hábitos axudarán ós usuarios a manterse sanos e evitará que teñan que acudir ó centro de saúde ou ó hospital, minimizando así o impacto no sistema sanitario xeral.
- As gafas normais non proporcionan protección. Non hai probas científicas que sustenten os rumores de que as gafas de uso diario ofrecen protección contra COVID-19: unha posición apoiada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos EEUU (CDC), que sinala que non as califican como Equipo de Protección Personal (PPE).
- Manter as mans sen lavar lonxe da cara. Independentemente de que se utilicen lentes de contacto ou gafas ou de que non se requira corrección visual algunha, todo o mundo debe evitar tocar o nariz, a boca ou os ollos coas mans sen lavar, de acordo coas recomendacións da Organización Mundial da Sáúde (OMS) e os CDC.
- En caso de estar enfermo, hai que deixar de utilizar lentes de contacto temporalmente. As persoas usuarias de lentes de contacto que estén enfermas deben voltar a utilizar as gafas temporalmente. Poden voltar a utilizar lentillas cunhas lentes NOVAS e un estoxo NOVO cando se recuperen completamente.
Fonte: Gaceta Óptica, Set. 2020. Pax.73