Regala Lentes de Sol ?

En Tomás Óptico atoparás os lentes de sol que buscas 😀 para ti… ou para regalar!

Aquí facemosche algunhas suxestións para que poidas escoller a que mellor se axeite ao teu caso.

Oakley ?

LATCH BETA, da colección Marc Márquez

e modelo SYLAS lentes PRIZM polarizadas.

Dolce&Gabbana ?

colección Dolce&Gabbana, exposición do noso escaparate este Nadal.

TomFord 20/21 ?

Lentes polarizadas de categoría 3, en cor gris uniforme, que minimizan os reflexos (perfectas para conducir).

Tratamento antireflexente en cara interna para evitar deslumbramento posterior.

Acetato de gran calidade, máis estable e perdurable, con reforzo/embelecedor en cor dourada que aporta o estilo de TomFord e contribúe á fortaliza da gafa.

Protección activa ?

Outra alternativa son as gafas para activades ó aire libre que che presentamos hai unhas semanas.

Agardamos a túa visita

contas con noso asesoramento e experiencia compartida contigo durante tantos anos e coa facilidade para realizar cambios ou probar outros modelos máis axeitados.

“pakej” con licenza CC0 1.0

Lentes FOTOCROMÁTICAS para actividades ó aire libre

Practica deporte con seguridade e comodidade utilizando gafas con lentes que se adaptan á luz ambiente.

Se o día é claro e luminoso escurecen automáticamente para maior protección.

Se o día está nubrado, ou nas horas extremas do día, entón permanecerán cunha tonalidade moito máis clara, como podes ver na seguinte fotografía.

dous dos modelos de gafa deportiva Evaney

Deste xeito non perderás detalle xa sexa dando unha volta en bicicleta, xogando ó tenis, sendeirismo, correndo, etc., protéxente non só da luz se non do vento e calquera pequena partícula de po ou area que che podería entrar nos ollos.

Ademáis dos lentes fotocromáticos, a maioría dos modelos veñen acompañados de lentes solares convencionais sen custo engadido para situacións de moita luz, como pode ser a montaña ou actividades á beira do mar. Son moi fáciles de cambiar e ti mesmo poderás facelo según o precises.

Son perfectos para condicións de iluminación variable. Ven a probalos!

Gafas personalizadas Oakley

Oakley ten un servizo de personalización de gafas de sol. Coñéceo? Sabe en qué consiste?

imaxe web Oakley

Ven a ser como deseñar un mesmo as gafas de sol que lle gustaría ter. En esa mesma páxina pode ver as diferentes combinacións permitidas para cada modelo xogando coa cor da montura, tipo e cor de cristal, cor do logotipo, cores de varilla, cores das gomas…. e incluso se pode estampar o nome (ou outro texto) no cristal ou un logotipo (con certas restriccións).

Invitámolo a probar na web de Oakley cómo lle gustarían as súas gafas pero en Tomás,Óptico pode acceder a certas combinacións e tipos de cristal non accesibles online, as máis recentes combinacións e opcións,… e tamén vantaxes no prezo respecto aos indicados.

Se precisa máis información pode visitarnos personalmente e axudarémoslle a deseñar as súas gafas personalizadas tanto para vostede como para regalo.