Gamuzas antivaho

un dos problemas que temos as persoas usuarias de lentes é o do empanamento que acompaña ó uso da máscara.

A gravidade da situación depende de factores como os cambios de temperatura ambiente, material das lentes[2], tipo de máscara, o axuste da máscara á cara (hai que levala ben subida para que se empañe menos), o limpas que están as lentes[1], etc.

Existen diversas solucións para paliar esta dificultade. Coa experiencia de todos estos meses, e tras probar varias delas, atopamos que as gamuzas antivaho son o mellor compromiso entre eficacia e facilidade de uso.

gamuzas antivaho

A súa eficacia, como diciamos, depende de varios factores, pero por regra xeral o seu efecto dura entre 8-12 horas e son válidas para uns 200 usos (uns 4-5 meses).

Instruccións

  • limpar as lentes do xeito habitual, con gamuza microfibra ou produtos de limpeza e secalas.
  • frotar coa gamuza antivaho ambas caras da lente, pricipamente a interna (por ser a que máis se empaña).
  • pechar herméticamente a bolsa da gamuza antivaho tras o seu uso.

Non hai que lavar a gamuza antivaho, pois perdería o efecto, debes gardala pechada na súa bolsa.

Trátase dunha solución simple e económica para o mantemento das túas lentes.