Consellos para a observación de un eclipse solar.
O próximo 20 de marzo, entre as 9 e as 11 da mañán, prodúcese un eclipse solar observable a simple vista desde boa parte de europa con intensidade variable.
Galicia é o lugar da península onde esta ocultación do sol detrás da lúa será maior, polo que a pouco que esté despexado o ceo, será fácilmente observable e en todo caso notaremos unha disminución considerable da cantidade de luz.
Sempre xurde a dúbida de cómo poder disfrutar de este tipo de eventos sen poñer en risco a saúde dos nosos ollos, pois de non ter en conta unhas reglas básicas de seguridade poderíamos ter serias lesións e queimaduras nos nosos ollos.
O xeito máis seguro de observar un eclipse é mediante a proxección da imaxe do sol sobre unha superficie plana, lisa e de cor claro.
Para conseguilo hai métodos moi doados (un cartón con un burato) ou máis complexos e con mellor calidade de imaxe como pode ser o uso de telescopios ou prismáticos.
Existen filtros específicos para a observación directa por tempo limitado (ver ligazóns abaixo) pero hai que ser moi coidadoso coa súa utilización non facendo observacións prolongadas.
De seguido tedes unhas ligazóns onde se mostrar varias formas de proxectar a imaxe do sol (que podedes experimentar incluso sen necesidade de haber eclipse) e tamén información sobre determinados filtros e prácticas que NON SE DEBEN realizar.
Observación de los eclipses de sol. Amparo Lozano
Guía para seguir el eclipse El Pais
Cómo observar un eclipse de sol? Asociación Larense de Astronomía (venezuela)
Consejos para ver el eclipse solar (El Mundo)
Información do eclipse (pdf) do Observatorio Astronómico Nacional (OAN)
Cómo fotografiar un eclipse solar foto24.com
Sobre observación do sol e filtros. astrocantabria.org
Estas son as gafas de protección

Se che resulta de interese e útil esta información, podes compartila utilizando as túas redes sociáis nos seguintes botóns…