Lentes FOTOCROMÁTICAS para actividades ó aire libre

Practica deporte con seguridade e comodidade utilizando gafas con lentes que se adaptan á luz ambiente.

Se o día é claro e luminoso escurecen automáticamente para maior protección.

Se o día está nubrado, ou nas horas extremas do día, entón permanecerán cunha tonalidade moito máis clara, como podes ver na seguinte fotografía.

dous dos modelos de gafa deportiva Evaney

Deste xeito non perderás detalle xa sexa dando unha volta en bicicleta, xogando ó tenis, sendeirismo, correndo, etc., protéxente non só da luz se non do vento e calquera pequena partícula de po ou area que che podería entrar nos ollos.

Ademáis dos lentes fotocromáticos, a maioría dos modelos veñen acompañados de lentes solares convencionais sen custo engadido para situacións de moita luz, como pode ser a montaña ou actividades á beira do mar. Son moi fáciles de cambiar e ti mesmo poderás facelo según o precises.

Son perfectos para condicións de iluminación variable. Ven a probalos!

Rosa e Ouro

Ola! unha nova proposta orixinal

montura metálica e lentes con tono de cor

Unha combinación de montura metálica en cor ouro con forma octogonal

lentes en estado claro

Os lentes fotocromáticos adáptanse a cantidade de luz ambiente. En zonas de sombra ou interiores manteñen un suave tono, en este caso rosa, e ao recibir a luz directa do sol acentúase a cor.

as mesmas lentes ao estar expostas ao sol

Así, producen un chamativo efecto estético ademáis de coidar os teus ollos con un nivel superior de protección.

Ven a probar que tal che quedan! ?