Durante estas festas o noso escaparate e óptica loce a decoración propia do Nadal presentando unha escolma das coleccións que poñemos a túa disposición.
O próximo 20 de marzo, entre as 9 e as 11 da mañán, prodúcese un eclipse solar observable a simple vista desde boa parte de europa con intensidade variable.
O xeito máis seguro de observar un eclipse é mediante a proxección da imaxe do sol sobre unha superficie plana, lisa e de cor claro.
Para conseguilo hai métodos moi doados (un cartón con un burato) ou máis complexos e con mellor calidade de imaxe como pode ser o uso de telescopios ou prismáticos.
Existen filtros específicos para a observación directa por tempo limitado (ver ligazóns abaixo) pero hai que ser moi coidadoso coa súa utilización non facendo observacións prolongadas.
De seguido tedes unhas ligazóns onde se mostrar varias formas de proxectar a imaxe do sol (que podedes experimentar incluso sen necesidade de haber eclipse) e tamén información sobre determinados filtros e prácticas que NON SE DEBEN realizar.