se algunha marca fabricante de gafas resulta icónica e recoñecible sen dúbida esa é RayBan.
logo RayBan
Todas as gafas de sol RayBan traen o distintivo seragrafiado en blanco e gravado na zona externa dos lentes.
Novidade!!! Lentes graduados personalizados
detalle logo RayBan
Tomás,Óptico ofréceche a posibilidade de ter as túas gafas RayBan de sol e graduado co logotipo seragrafiado.
RayBan personalizado
Visítanos
Ven a Tomás,Óptico en Burela para consultar o teu caso particular.
Este servizo está dispoñible tanto para gafas progresivas como monofocais nunha ampla gama de monturas RayBan de sol e graduado.
Tes a posibilidade de ter os lentes fabricados en materiais de alto índice para graduacións medias/altas, de este xeito podes atender o aspecto estético das túas gafas. Igualmente, todas os lentes teñen dispoñibles tratamentos antirreflexantes de alta calidade.
Debido a gran cantidade de cores e tratamentos do catálogo RayBan é preciso coñecer a túa graduación, montura e tipo de lente que desexas para poder ofrecerche a mellor solución.
Xa tes gafas RayBan
si actualmente xa desfrutas de un modelo RayBan tamén podes adaptar uns RayBan personalizados a túa propia gafa.
Comparte cos teus contactos de redes sociais este artigo, seguro que lles interesa ?
Tes algunha dúbida ou comentario? Podes utilizar o formulario inferior para deixar o teu comentario. Grazas!
Para o día a día, actividades de montaña e neve e activades deportivas (ciclismo, correr, vela, pesca, vela, sendeirismo, …) os cristais Oakley con tecnolozía Prizm melloran a calidade de visión e a percepción dos detalles a través da optimización dos filtros de protección da radiación solar.
SINTONIZACIÓN DE COLOR ULTRA PRECISO PARA CUALQUIER AMBIENTE
Gracias a la sintonización fina de la longitud de onda de cada color, PRIZM™ mejora la nitidez y revela matices que pasarían desapercibidos sin lentes.
Pulsa na imaxe e visita a web oakley para demostración
O artigo fala das persoas que gustan de correr ou andar ao aire libre, pero é de aplicación a calquera actividade que realizamos e estamos expostas ao sol como por exemplo o ciclismo, escalada, golf, surf, tenis, piragüismo, surf de remo, navegación, etc.
Lembra que en verán o nivel de radiación é moi superior ao habitual incluso si está nublado, pois as nubes non protexen de todo tipo de radiación.
No artigo anterior, explicamos os diferentes tipos de cristales de sol así como as súas características segundo o tipo de ambiente e actividade.
As lentes solares de Etnia están elaboradas a partir de cristal puro e tratadas coa tecnoloxía máis avanzada, teñen dúas características que as fan únicas.
El triunfo de Baco (interpretación, Etnia #BeAnArtist)
O ollo humano é 200 veces máis sensible que a pel
A lente mineral ofrece unha nitidez espectacular e realza a intensidade das cores primarias. Ningún outro material ofrece semellante calidade de visión.
Ao estar fabricadas a partir de cristal puro e levar un tratamento anti-scratch, a resistencia da lente é moi alta e permite que a súa superficie nunca se raie.
Os trocos nas condicións de luminosidade ao longo do día poden afectar considerablemente a agudeza e comodidade visuais.
Etnia traballa cos mellores materiais do mundo. Con este compromiso a visión a través das súas lentes minerais non ten comparación coa que proporcionan as lentes convencionais, tanto na percepción como en saúde visual: a protección fronte os raios Ultra Violeta e Infravermellos é do 100%. Mod. Verdi BRGD
A luz é unha pequena parte da radiación do sol que o noso ollo pode ver. Pero o resto da radiación é invisible, mais nótanse os efectos.
Etnia posúe varias categorías de lentes, con diferentes niveis de oscurecemento, dependendo do estilo e da finalidade de uso de cada producto.
Categoría 1. lixeiramente coloreadas, para zonas urbanas e días con luminosidade solar lixeira.
Categoría 2. adecuadas para utilizarse en exteriores con luminosidde media.
Categoría 3. recomendadas para luminosidade solar forte, propia das zonas de plaia e montaña.
Categoría 4. son indicadas para situacións de luminosidade extrema, como cando se practican actividades en contextos de luz intensa, como no deserto ou a montaña.
Categoría filtro solar
Tratamentos
Anti-scratch
Impide que os cristais se raien con facilidade
Oleofóbico
Protexe os cristais da suciedacde e facilita a súa limpeza
Hidrofóbico
Fai que a lente repela a auga, mantendo os cristais despexados.
Antirreflexante
Evita o reflexo da luz sobre a superficie da lente aumentado a transparencia, grazas a deposición de múltiples capas sobre a lente base.
As nubes non nos protexen: deixan pasar o 90% da radiación ultravioleta. É un erro pensar que podemos prescindir das gafas de sol nun día de verán só porque está nublado e a luz molesta menos.
Mod. Born Sun
Filtros
Etnia traballa con tres tipos de filtros para adaptar as lentes as necesidades e preferencias de cada persona, segundo o contexto no que se atopen e a finalidade de uso do producto. De este xeito ofrece diferentes opcións de visión para diferentes actividades.
Filtro HD
HD é unha lentes de alta definición que incrementa a experiencia de visión da cor sen reducir a percepción visual. Filtro imprescindible para realzar as cores e proporcionar máis resolución en calquera ambiente.
Filtro polarizado
A lente polarizada contén un filtro especial que minimiza o deslumbramento; bloquea os reflexos molestos e só deixa pasar a luz útil. A visión é nítida, con unha cor e contraste naturais. Especialmente indicada para a condución e os ambientes de auga ou neve, xa que elimina o brillo do sobre sobre a superficie horizontal. Yaletown, BLGD. Imaxe Etnia
filtro fotocromático
A lente fotocromática reacciona aos raios ultravioleta do sol, oscurecéndoa cando os detecta. A visión adáptase comodamente aos cambios e os ollos están relaxados. Recomendada para a condución xa que evita o cansancio visual e ofrece un contraste óptimo.
Moitos dos modelos expostos témolos en stock en Tomás,Óptico (ate fin de existencias, consúltanos) polo que podes vir a velos, probalos e mercalos directamente.
De igual xeito, engadimos fotografías das últimas tendencias en gafas de sol. Podes ver que as gafas con cristais redondos, doble ponte (incluso cella remarcada), espellos suaves e degradados, son denominador común que conviven con modelos algo menos atrevidos e os clásicos de sempre.
No escaparate tamén puxemos un novo display da marca Liu-Jo. Moi lucido!! Xa o viches?
Liu-Jo SS17, fai click na imaxe.
Disfruta das Festas!!
Aproveitamos que en esta semana celebramos as Festas patronais de Burela, queremos desexarlle a todos os veciños e personas que nos visitan que as disfruten e celebren na compañía de amigos e familiares.
Se che resultou interesante este artigo podes compartilo nas túas redes sociais utilizando as iconas seguintes. Utilizando a caixa de texto inferior podes deixarnos calquer comentario, opinión ou consulta. Grazas por lernos! 😉
Durante estas festas o noso escaparate e óptica loce a decoración propia do Nadal presentando unha escolma das coleccións que poñemos a túa disposición.
Este luns que comeza unha promoción a disfrutar de un premio se mercas unhas gafas de sol Polaroid.
O premio consiste nunha comida para 4 personas nunha terraza dun restaurante de Burela.
Visita o sitio web de Polaroid para coñecer a colección ao completo e ven a probalas a Tomás,Óptico.
Toda a colección conta con cristales polarizados, tanto con espello coma sen el, para unha maior protección e calidade na visión. Seguro que coñeces Polaroid, aquí tes a súa historia.
Destacan os modelos da colección Twist, flexibles, lixeiros, cómodos e en cores moi divertidas!
Colección TWIST
E o prezo?
Tamén sorprendente!
Son unhas gafas de sol de prezo moi asequible, divertidas, para disfrutar do verán.
¿Cómo conseguir o premio?
Só tes que mercar unhas gafas de sol Polaroid desde hoxe 13 de Xuño e ate o 18 de Xullo, conservar o comprobante (ticket) e enviar unha SMS ao 91 106 40 64 coa palabra “POLAROID” (0,15€+ive) para participar no sorteo (máis rápido e económico que enviar unha carta). Bases ante notario.
Así de simple. Haberá 10 gañadores por semana de 1 comida para 4 personas.
Non o dubides! Ven a probalas!
Se che resultou interesante, podes compartir esta promoción nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí abaixo 😉