
Continuando coas formas redondeadas e complementadas co inserto en acetato superior, a cor dourada aporta brillo e elegancia.
Presentámosche este modelo da colección 20/21 de lentes graduadas.
Xa o viches no escaparate? 😀
Frente en acetato da maior calidade, con varillas en metal dourado.
ponte metálica e plaquetas axustables.
Deseñadas e construídas pensando na durabilidade e adaptadas á cara das máis novas, o modelo Full Count de Oakley está preparado para soportar todo o que lle pide a rapazada. Deportivas, o colorido deseño en bloque resalta o espíritu da xuventude nun marco de porte cómodo para todo o día.
Características.
Máis información e Colección en Oakley.com
• O Material da lixeiro da montura O Matter™ proporciona durabilidade e lixeireza par todo o día
• Varillas axustables Ace Fit para unha adaptación personalizada e segura.
• Ponte e plaquetas Molded-in O Matter™ deseñadas para as proporcións e forma do nariz da xuventude.
• Os terminais (parte final da varilla) Unobtainium® con agarre mellorado incluso estando húmidas axudan a manter as lentes no seu sitio.
Fonte: oakley.com
Presentámosche dúas novas coleccións que poñemos a túa disposición.
https://www.trama-eyewear.com/homepage/
Convidámoste a visitar a web de TRAMA e vir a Tomás,Óptico para ver a selección dos modelos que máis nos gustaron para ti.
Perfecta combinación de acetato e metal, lixeiras e resistentes, co deseño máis actual.
Ola! unha nova proposta orixinal
Unha combinación de montura metálica en cor ouro con forma octogonal
Os lentes fotocromáticos adáptanse a cantidade de luz ambiente. En zonas de sombra ou interiores manteñen un suave tono, en este caso rosa, e ao recibir a luz directa do sol acentúase a cor.
Así, producen un chamativo efecto estético ademáis de coidar os teus ollos con un nivel superior de protección.
Ven a probar que tal che quedan! 😉
Estrenamos mes presentando varias coleccións de gafas con diseños apropiados para resistir o trote que lle meten os rapaces.
Esta é unha das marcas máis solicitadas tanto polos pais, por flexibles, cómodas e resistentes, así como polos oftalmólogos debido a ponte baixa que fai que a gafa quede moi ben centrada.
Máis información e catálogo http://snoop.es/
Esta colección ten similares características en canto a súa adaptación e ademáis teñen un sistema intercambiable de varillas totalmente flexible.
Na imaxe superior vemos a cinta para acoplar as varillas e a cinta para sustituír as mesmas para poder utilizala como unha gafa deportiva (para xogar).
Máis información e catálogo en http://gvo-optic.com/es/199-nano-coleccion-2015-2016
Lixeiras e moi cómodas, para cando xa non son tan pequenos.
Con deseños e cores divertidas.
Máis información e catálogo en http://www.viudademontemerlo.es/marca/kids-by-westwood/
Un dos principales fabricantes de gafas a nivel mundial que pon toda a súa experiencia no deseño de esta colección.
Máis información e catálogo na web http://safilo.com/kids/
Imaxe destacada do artigo: web Sáfilo Kids
Si che resultou interesante este artigo pódelo compartir nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí abaixo.
Tamén podes facer calquer consulta ou comentario contactándonos no formulario inferior ou en @tomasoptico
Resulta cada vez máis habitual ver gafas de sol con cristales de espello de colores. O seu efecto estético destaca pola súa viveza e resalta a luminosidade das túas gafas así como a posibilidade de combinar coa túa vestimenta e accesorios de moda.
En esta primavera, poñemos a disposición dos nosos clientes as novas cores de cristales de espello de Essilor: “Kaki”, “Azul Plata”, “Silver Purple”, “Oro Rosa”, “Fucsia” e “Turquesa”.
Temos mostras en Tomás,Óptico para velas en vivo e comprobar cómo lle quedarían a túa gafa.
Tanto se queres mercar unha gafa nova como se queres actualizar unha que xa tes, podes levar uns cristales de espello para renovala.
Fabricantes como Essilor poñen unha ampla gama de cores a disposición dos clientes para adaptarse a todos os gustos, aportando a seguridade e confianza no proceso de fabricación e control de calidade dun dos líderes mundiais na fabricación de cristales ópticos.
Imaxe representativa, podes ver mostras de cristales e consultar as posibilidades de fabricación na nosa óptica.
Tanto se só precisas graduación de lonxe ou cristales progresivos (para ver ao lonxe e de cerca) podes lucir coas túas gafas novas, beneficiándote ademáis da vantaxe de que os cristales de espello axudan a disimular o efecto da graduación pasando totalmente desapercibido se estás utilizando unha gafa graduada.
Por suposto se non precisas graduación tamén se poden poñer cristales con espello.
Por un coste moito menor do que cres podes lucir aínda máis coas túas gafas de sol. Invitámoste a visitarnos para informarte de todas as posibilidades e asesorarte de xeito personalizado.
Acabamos de cambiar o expositor do escaparate poñendo algúns modelos da colección de graduado de Tom Ford. Queres saber máis sobre Tom Ford?
Estos son os modelos actualmente expostos (clica para ver detalle).
Queres saber máis sobre Tom Ford? Mantente ao día seguindo a @TomFordIntl
Imaxes: de Tom Ford e theopticshop
Hai un par de días que cambiamos o escaparate poñendo un set de Marc Jacobs.
Na web de Marc by Marc Jacobs podes ver a colección de sol (*)
Aquí tes unhas fotos de mostra (clica nas imaxes).
(*) Non todos os modelos poden ser adquiridos en todos os países.