Resulta cada vez máis habitual ver gafas de sol con cristales de espello de colores. O seu efecto estético destaca pola súa viveza e resalta a luminosidade das túas gafas así como a posibilidade de combinar coa túa vestimenta e accesorios de moda.
Actualización
En esta primavera, poñemos a disposición dos nosos clientes as novas cores de cristales de espello de Essilor: “Kaki”, “Azul Plata”, “Silver Purple”, “Oro Rosa”, “Fucsia” e “Turquesa”.
Temos mostras en Tomás,Óptico para velas en vivo e comprobar cómo lle quedarían a túa gafa.
Tanto se queres mercar unha gafa nova como se queres actualizar unha que xa tes, podes levar uns cristales de espello para renovala.
Fabricantes como Essilor poñen unha ampla gama de cores a disposición dos clientes para adaptarse a todos os gustos, aportando a seguridade e confianza no proceso de fabricación e control de calidade dun dos líderes mundiais na fabricación de cristales ópticos.

Imaxe representativa, podes ver mostras de cristales e consultar as posibilidades de fabricación na nosa óptica.
Tanto se só precisas graduación de lonxe ou cristales progresivos (para ver ao lonxe e de cerca) podes lucir coas túas gafas novas, beneficiándote ademáis da vantaxe de que os cristales de espello axudan a disimular o efecto da graduación pasando totalmente desapercibido se estás utilizando unha gafa graduada.
Por suposto se non precisas graduación tamén se poden poñer cristales con espello.
Por un coste moito menor do que cres podes lucir aínda máis coas túas gafas de sol. Invitámoste a visitarnos para informarte de todas as posibilidades e asesorarte de xeito personalizado.