Anatomía ocular

Qué “partes” ten un ollo?

Cando vides a consultar algún problema relacionado coa visión algunhas veces temos dificultades para facer entender a qué nos estamos referindo cando falamos da “córnea“, da “pupila“, “retina“, etc.

Para intentar aclarar os termos máis habituais deixamos aquí estas imaxes e unha pequena explicación das máis relevantes.

Vista exterior

vista exterior de un ollo sinalando as partes anatómicas
Vista exterior

En esta vista resaltamos

  • Pupila: un burato. É o lugar no centro do ollo, por onde entra a luz que posteriormente será detectada na retina.
  • Iris: é o músculo que forma a pupila e trátase da parte coloreada do ollo, o que lle da a cor característica de cada persona.
  • Córnea: é a parte máis exterior do ollo (ver o seguinte apartado) e está en contacto co ambiente do mesmo xeito que a pel en outras partes do corpo. En condicións normáis é totalmente transparente para permitir o paso da luz e a súa función é actuar como lente para formar unha imaxe na retina.
    Para as usuarias de lentes de contacto é unha parte moi importante do ollo, pois está en contacto coas lentes e a súa saúde depende de unha boa adaptación e elección da lente de contacto.

O ollo por dentro

O interior do ollo

Na imaxe superior podemos apreciar a complexidade e número das estructuras (tecidos de soporte, vasos sanguíneos, nervios, músculos,etc.) que conforman o ollo humano.
A luz entra pola pupila, atravesa o humor vítreo e fórmase enfocada na retina. A luz de esta imaxe estimula as células da retina que a transforman nun sinal eléctrico que viaxa ate varias zonas do cerebro onde será procesada e interpretada.

A córnea

Córnea

Tal como comentábamos arriba, a córnea ten gran relevancia para a visión, pois actúa como un lente que enfoca a imaxe na retina (xunto con outras partes do ollo). Se esta parte non está ben axustada, si cambiou lixeiramente a súa forma ou curvatura, influirá sobre cómo se forma esa imaxe na retina contribuíndo así aos defectos visuais máis habituais (miopía, hipermetropía e astigmatismo).

A correcta adaptación de lentes de contacto deberá ter en conta de forma especial cómo interactúa a lente coa córnea preservando en todo momento a saúde e funcionabilidade da misma.

O Cristalino

cristalino

Está sinalado na imaxe con unha raia negra e trátase da estructura que máis aspecto de lente ten. A súa principal función é a de enfocar na retina de forma precisa a imaxe do obxeto que estamos mirando. Obxetos situados a diferentes distancias precisan ser enfocados, como nunha cámara fotográfica, e o cristalino modula a súa forma para cumplir esta función.

O cristalino é totalmente transparente como a córnea, pero cando unha persona ten cataratas, o cristalino perde esta transparencia. Trátase de un problema ocular que non se pode solucionar cambiando de graduación nas gafas, se non que require (en estados avanzados) de unha operación para ser solucionado.

Agardamos que sexa do teu interés e che resulte informativo este artigo.

Se queres facer algún comentario podes utilizar a caixa de texto inferior e tamén podes compartir esta información nas túas redes sociais utilizando as íconas de aquí mismo. Grazas!

Fonte das imaxes: http://es.slideshare.net/DianaCornejo04/anatoma-de-ojo-33920150