Líquidos de lentes de contacto no avión
Viaxar en avión para as usuarias de lentes de contacto supón sempre a mesma dúbida.
¿Podo levar o líquido das lentillas na equipaxe de man?
A continuación traémosche unhas recomendacións así como a ligazón para obter información das autoridades competentes no tema.

A normativa
Non existe unha norma única ao respecto no transporte aéreo e con un ámbito de aplicación mundial, polo que deberemos atender as particularidades da orixe e destino do voo así como a nacionalidade da compañía utilizada.
Como norma xeral non se permiten os envases grandes (350ml.) na equipaxe de man, pero SI na maleta facturada.
Na equipaxe de man podes levar un envase non máis grande de 100ml., a pesar de que algún cliente nos informou de que viaxando con algunha compañía aérea, en EE.UU. lle permitiron envases grandes porque o consideraban unha das excepcións no transporte de medicamentos necesarios.
Mais depende do criterio da compañía aérea, xa que na maioría dos casos consultados tiveron problemas con envases grandes na equipaxe de man.
Consulta o caso coa túa compañía de transporte antes de ir ao aeroporto para evitar molestias innecesarias e problemas de última hora.
Recomendamos
- Levar sempre unhas gafas.
- ocupan pouco, pesan pouco, e pódennos sacar de un bo apuro.
- Levar un envase de ate 100ml e un estuche portalentillas na equipaxe de man.
- de este xeito minimizamos o risco de ter problemas en algún control de aeroporto.
- Si é unha viaxe corta (10 ou 15 días), valora a posibilidade de utilizar lentes de contacto de uso diario
- así non precisarás utilizar líquidos de mantemento 😉
- Se é unha viaxe longa procura levar un envase grande na maleta pois non sempre é doado atopar o mesmo producto coa composición axeitada en determinados lugares do mundo.
- Consulta a empresa de transporte que vas a utilizar, con antelación, a súa política ao respecto.
Ligazóns
Normativa Aena sobre líquidos e medicamentos.
Normativa nos EE.UU. – TSA website referente a medicamentos e líquidos.
.pdf normativa na UE.
Información Iberia.
Esperamos que che resulte útil esta información e que teñas voa viaxe! 😀
Comparte a túa experiencia con nos utilizando a caixa de comentarios de aquí abaixo. Tamén podes compartir este artigo nas túas redes sociáis utilizando as íconas seguintes. Gracias!