Primavera/Verán 2021. Escaparate.
Espectacular!!

Lentes en cor gris degradado, e montura en acetato de alta calidade semitransparente

Modelos elegantes e atemporais.

Modelo con iconografía Gucci, en acetato negro.

Detalle da varilla

Espectacular!!
Lentes en cor gris degradado, e montura en acetato de alta calidade semitransparente
Modelos elegantes e atemporais.
Modelo con iconografía Gucci, en acetato negro.
Detalle da varilla
Visita o sito web de KOMONO para ver a colección completa.
Traducimos da súa web...
Raf Maes and Anton Janssens fundaron KOMONO en 2009 en Bélxica. KOMONO aporta un deseño elegante, unha gama de cores inspiradora e unha estética minimalista ó ámbito dos complementos.
KOMONO é unha comunidade de soñadoras e deseñadoras dedicadas ós complementos do noso tempo, e fundamentada nas raíces da tradición e compromiso belga coa calidade e a fabricación. KOMONO exemplo na moda mundial, realizada con cariño e acorde ós tempos que vivimos. KOMONO é a unión perfecta da Vision e o Tempo. KOMONO é a vangarda da moda nas túas mans .
Visítanos, próbaas e mira que tal che sentan! 😀
Temos o pracer de poder compartir contigo a boa nova de que formamos parte do selecto grupo de establecementos que poñen a tua disposición o catálogo de vista e gafas de sol da marca Gucci.
Tras un proceso de renovación completa das súas coleccións, en 2020 preséntase de novo a vangarda do deseño, estilo e exclusividade.
Coñece máis sobre Gucci Eyewear (web oficial)
temos unha pequena selección
Gafas en metal, cor dourada, brillantes.
Agardamos que che resultase interesante e non dubides en vir coñecer o resto da colección.
COMPARTE este artigo premendo na icona dos teus medios sociais. Grazas!!
Presentámosche dúas novas coleccións que poñemos a túa disposición.
https://www.trama-eyewear.com/homepage/
Convidámoste a visitar a web de TRAMA e vir a Tomás,Óptico para ver a selección dos modelos que máis nos gustaron para ti.
Perfecta combinación de acetato e metal, lixeiras e resistentes, co deseño máis actual.
Ola! unha nova proposta orixinal
Unha combinación de montura metálica en cor ouro con forma octogonal
Os lentes fotocromáticos adáptanse a cantidade de luz ambiente. En zonas de sombra ou interiores manteñen un suave tono, en este caso rosa, e ao recibir a luz directa do sol acentúase a cor.
Así, producen un chamativo efecto estético ademáis de coidar os teus ollos con un nivel superior de protección.
Ven a probar que tal che quedan! ?
As lentes solares de Etnia están elaboradas a partir de cristal puro e tratadas coa tecnoloxía máis avanzada, teñen dúas características que as fan únicas.
O ollo humano é 200 veces máis sensible que a pel
Os trocos nas condicións de luminosidade ao longo do día poden afectar considerablemente a agudeza e comodidade visuais.
Etnia traballa cos mellores materiais do mundo. Con este compromiso a visión a través das súas lentes minerais non ten comparación coa que proporcionan as lentes convencionais, tanto na percepción como en saúde visual: a protección fronte os raios Ultra Violeta e Infravermellos é do 100%.
A luz é unha pequena parte da radiación do sol que o noso ollo pode ver. Pero o resto da radiación é invisible, mais nótanse os efectos.
Etnia posúe varias categorías de lentes, con diferentes niveis de oscurecemento, dependendo do estilo e da finalidade de uso de cada producto.
Impide que os cristais se raien con facilidade
Protexe os cristais da suciedacde e facilita a súa limpeza
Fai que a lente repela a auga, mantendo os cristais despexados.
Evita o reflexo da luz sobre a superficie da lente aumentado a transparencia, grazas a deposición de múltiples capas sobre a lente base.
As nubes non nos protexen: deixan pasar o 90% da radiación ultravioleta. É un erro pensar que podemos prescindir das gafas de sol nun día de verán só porque está nublado e a luz molesta menos.
Etnia traballa con tres tipos de filtros para adaptar as lentes as necesidades e preferencias de cada persona, segundo o contexto no que se atopen e a finalidade de uso do producto. De este xeito ofrece diferentes opcións de visión para diferentes actividades.
HD é unha lentes de alta definición que incrementa a experiencia de visión da cor sen reducir a percepción visual. Filtro imprescindible para realzar as cores e proporcionar máis resolución en calquera ambiente.
A lente polarizada contén un filtro especial que minimiza o deslumbramento; bloquea os reflexos molestos e só deixa pasar a luz útil. A visión é nítida, con unha cor e contraste naturais. Especialmente indicada para a condución e os ambientes de auga ou neve, xa que elimina o brillo do sobre sobre a superficie horizontal.
A lente fotocromática reacciona aos raios ultravioleta do sol, oscurecéndoa cando os detecta. A visión adáptase comodamente aos cambios e os ollos están relaxados. Recomendada para a condución xa que evita o cansancio visual e ofrece un contraste óptimo.
Texto: Etnia Barcelona. Adaptado e traducido: Tomás,Óptico
Catálogo 2018 Etniabarcelona
Nás últimas semanas fomos mostrando no noso taboleiro de Moda en Pinterest (e nos chíos da twitter) varios modelos e suxestións das gafas de sol que máis verás este verán do 2017.
Moitos dos modelos expostos témolos en stock en Tomás,Óptico (ate fin de existencias, consúltanos) polo que podes vir a velos, probalos e mercalos directamente.
De igual xeito, engadimos fotografías das últimas tendencias en gafas de sol. Podes ver que as gafas con cristais redondos, doble ponte (incluso cella remarcada), espellos suaves e degradados, son denominador común que conviven con modelos algo menos atrevidos e os clásicos de sempre.
No escaparate tamén puxemos un novo display da marca Liu-Jo. Moi lucido!! Xa o viches?
Aproveitamos que en esta semana celebramos as Festas patronais de Burela, queremos desexarlle a todos os veciños e personas que nos visitan que as disfruten e celebren na compañía de amigos e familiares.
Se che resultou interesante este artigo podes compartilo nas túas redes sociais utilizando as iconas seguintes. Utilizando a caixa de texto inferior podes deixarnos calquer comentario, opinión ou consulta. Grazas por lernos! 😉
Durante estas festas o noso escaparate e óptica loce a decoración propia do Nadal presentando unha escolma das coleccións que poñemos a túa disposición.
Visita a web Dior Eyewear para máis información sobre Dior
En modo.com tes todos os modelos e información sobre Modo
Pulsa aquí para coñecer a colección Vintage de EtniaBarcelona
Desde Tomás,Óptico esperamos que o 2017 sexa propicio para todos os teus desexos e o disfrutes en compañía dos que máis queres. Bo Nadal!
Pouco a pouco vai chegando o bo tempo e podemos disfrutar de máis horas de sol cos beneficios para a saúde que este trae tanto físicos como recarga de optimismo.
Tamén en esta época florecen as gafas de sol, con todas as novidades para disfrutar do sol coa mellor seguridade para a ti e lucindo o mellor aspecto.
Acabamos de renovar os expositores do noso escaparate e traemos aquí unnha pequena mostra das coleccións de Dior, WebEyewear e JimmyChoo.
Como sempre Dior establece o canon de diseño, elegancia, distinción, orixinalidade,… que marca a tendencia das gafas exclusivas para esta temporada.
Exposición
Modelo Araya
Modelo Otti
Comparte nas túas redes sociáis este contido utilizando os botóns seguintes. Gracias por visitar blog.tomasoptico.com