Sorteo Regalo RRSS @tomasoptico

Ola! Un agasallo para o verán.

Temos un obsequio para todos os amigos e amigas que nos seguides nas redes sociais

Unha toalla de plaia

Imaxe do obsequio do sorteo

Cortesía de Coopervision, lentes de contacto.


Bases

1- Sortéase unha toalla de plaia entre todas as repeticións realizadas por persoas/amigas (repeticións, rechouchios) da mensaxe promocional do concurso en cada rede social desde a publicación de este artigo no blog ate as 24:00 do domingo 12 de Agosto 2018. Obterán tamén unha participación as promocións de este artigo que inclúan a etiqueta #sorteoTomasOptico na súa mensaxe.
2- Cada RT ou mensaxe será unha participación con un máximo de tres RT por usuario e rede social.
3- O sorteo realizarase o 14 de agosto entre todos os participantes tras serlles asignados un número a cada participación por orde cronolóxica e rede social (facebook, twitter, g+ e pinterest)
4- O usuario gañador será contactado mendiante mensaxe personal na rede gañadora (faite amiga! ou séguenos!)
5- O regalo deberá ser recollido personalmente nos seguintes 5 días en Tomás,Óptico de Burela. Poderá recollelo unha persoa autorizada presentando a acreditación que lle enviaríamos a persoa gañadora.
6- De non ser recollido en forma e plazo procederíamos a un segundo e definitivo sorteo.
7- Participarán no sorteo as persoas físicas, están excluídas do sorteo empresas/entidades que repitan a mensaxe.

Participa!


Comparte este artigo agora
utilizando a etiqueta #sorteoTomasOptico

Gafas de Sol, verán 2017

Nás últimas semanas fomos mostrando no noso taboleiro de Moda en Pinterest (e nos chíos da twitter) varios modelos e suxestións das gafas de sol que máis verás este verán do 2017.

Moitos dos modelos expostos témolos en stock en Tomás,Óptico (ate fin de existencias, consúltanos) polo que podes vir a velos, probalos e mercalos directamente.

De igual xeito, engadimos fotografías das últimas tendencias en gafas de sol. Podes ver que as gafas con cristais redondos, doble ponte (incluso cella remarcada), espellos suaves e degradados, son denominador común que conviven con modelos algo menos atrevidos e os clásicos de sempre.

No escaparate tamén puxemos un novo display da marca Liu-Jo. Moi lucido!! Xa o viches?

cartel escaparate LiuJo primavera verán 2017
Liu-Jo SS17, fai click na imaxe.

Disfruta das Festas!!

Aproveitamos que en esta semana celebramos as Festas patronais de Burela, queremos desexarlle a todos os veciños e personas que nos visitan que as disfruten e celebren na compañía de amigos e familiares.

Se che resultou interesante este artigo podes compartilo nas túas redes sociais utilizando as iconas seguintes. Utilizando a caixa de texto inferior podes deixarnos calquer comentario, opinión ou consulta. Grazas por lernos! 😉