colección Dolce&Gabbana, exposición do noso escaparate este Nadal.
TomFord 20/21 ?
Lentes polarizadas de categoría 3, en cor gris uniforme, que minimizan os reflexos (perfectas para conducir).
Tratamento antireflexente en cara interna para evitar deslumbramento posterior.
Acetato de gran calidade, máis estable e perdurable, con reforzo/embelecedor en cor dourada que aporta o estilo de TomFord e contribúe á fortaliza da gafa.
contas con noso asesoramento e experiencia compartida contigo durante tantos anos e coa facilidade para realizar cambios ou probar outros modelos máis axeitados.
Para o día a día, actividades de montaña e neve e activades deportivas (ciclismo, correr, vela, pesca, vela, sendeirismo, …) os cristais Oakley con tecnolozía Prizm melloran a calidade de visión e a percepción dos detalles a través da optimización dos filtros de protección da radiación solar.
SINTONIZACIÓN DE COLOR ULTRA PRECISO PARA CUALQUIER AMBIENTE
Gracias a la sintonización fina de la longitud de onda de cada color, PRIZM™ mejora la nitidez y revela matices que pasarían desapercibidos sin lentes.
Pulsa na imaxe e visita a web oakley para demostración
Nas portas do verán comezamos a notar a necesidade de utilizar gafas de sol para protexer os ollos e tamén… para lucir máis guap@s, se cabe 🙂
Deixaremos a un lado as consideracións estéticas para responder a unha pregunta que xorde de xeito recurrente cando vides a por unhas novas gafas de sol. ¿Qué son os cristáis polarizados? ¿Para qué serven? ¿Non son todas as gafas de óptica “polarizadas”?
Tentaremos en este artigo responder a estas preguntas.
Primeiro, un pouco de información técnica. Sen entrar en detalle pódese dicir que a luz é radiación electromagnética que se propaga en forma de onda (esto é moi resumido). Na wikipedia temos unha explicación sobre esto [2], pero para o noso caso o que nos incumbe é que a maioría da luz que vemos é luz incoherente (utilizando a nomenclatura do artigo) pero que a luz ao reflexarse en determinadas superficies acaba “concentrándose” nunha determinada polarización. Por eso é máis “intensa” pero coa vantaxe de poder ser “filtrada” por unha gafas de sol. Esto é o que acontece de xeito moi resumido.
As lentes polarizadas ofrecen maior seguridade. Eliminan o deslumbramento causado polo asfalto húmido e outros coches.
efecto sobre a condución por deslumbramento [imaxe andeloptik/essilor]
Para practicar deporte
Son particularmente últiles en deportes acuáticos (como navegar e pescar) e en deporte de inverno (neve). Sempre que os ollos estén ssometidos a un estré continuo causado polo reflexo da luz solar sobre superficies planas (auga, xeo, neve, …), pero polo aumento do contraste e a mellor percepción das cores, resultan moi axeitadas para calquer tipo de actividade dináminca en exteriores.
elimina reflexos na auga [imaxe ardenes-optique]
Para aumentar o confort
Ao longo de todo o ano, os usuarios poderán redescubrir o placer de unha mellor visión. As cores percíbense máis vivas e unha vez que se aprecia a diferencia con respecto a uns cristáis de sol normáis non quererá utilizar outros.
efecto sobre as cores [imaxe wikipedia]
Para protexerse
Para os ollos sensibles a luz e que precisan da máxima protección, en especial xente maior e aqueles que foros operados de cataratas ou ciruxía refractiva.
Polo tanto, uns cristáis de sol polarizados proporcionan un maior confort visual, mellor visión e protección para os ollos. Quere dicir esto que os cristáis de sol normáis non protexen suficientemente? Non, os cristáis de sol normales ofrecen unha protección axeitada para a radiación ultravioleta así como para a alta intensidade da luz, pero non teñen estos valores engadidos que acabamos de mencionar. Os cristáis de sol normáis son bos, os polarizados, son mellores. Podes estar tranquil@ e correctamente protexid@ con un cristal de sol normal que cumpla coa normativa vixente:
Directiva europea 89/686/CEE sobre “Equipos de protección individual”