RayBan MARSHAL

Ola!

resulta complicado entrar en Tomás,Óptico e non ver o banner RayBan – Marshal ?

rayban Marshal, mostrado en TomásÓptico.

Na imáxe publicitaria móstrase coa montura e lentes clásicos (icónicos) da marca.

Mais está dispoñible en máis de unha ducia de cores e dous tamaños diferentes.

tres cores de marshal
RayBan mod. Marshal, dúas cores na foto.

En Tomás,Óptico dispoñemos de stock de este modelo en varias das cores e tallas, pero si buscas unha combinación concreta do catálogo ven a visitarnos e pedímola para ti: somos distribuidores oficiais.

Lembra tamén que si precisas lentes graduados podes facer as túas gafas RayBan cos cristais orixinais e o logotipo gravados.

Non che parece un bo detalle para regalar?

…ou para regalarte a ti ?.

Comparte este artigo nas túas redes sociais cos teus contactos, seguro que lles interesa! ?


Salir a correr sí… pero siempre con gafas de protección solar

Reseñamos este artigo de divulgación sobre a saúde ocular que o Colexio Nacional de Ópticos-Optometristas publica na súa web.

Fonte: Salir a correr sí… pero siempre con gafas de protección solar – Noticias – COLEGIO NACIONAL DE ÓPTICOS-OPTOMETRISTAS -CNOO

persoa  correndo
O artigo fala das persoas que gustan de correr ou andar ao aire libre, pero é de aplicación a calquera actividade que realizamos e estamos expostas ao sol como por exemplo o ciclismo, escalada, golf, surf, tenis, piragüismo, surf de remo, navegación, etc.

Lembra que en verán o nivel de radiación é moi superior ao habitual incluso si está nublado, pois as nubes non protexen de todo tipo de radiación.

No artigo anterior, explicamos os diferentes tipos de cristales de sol así como as súas características segundo o tipo de ambiente e actividade.

Etnia Barcelona coida dos teus ollos

A lente mineral de Etnia Barcelona

As lentes solares de Etnia están elaboradas a partir de cristal puro e tratadas coa tecnoloxía máis avanzada, teñen dúas características que as fan únicas.

representación El triunfo de Baco
El triunfo de Baco (interpretación, Etnia #BeAnArtist)

O ollo humano é 200 veces máis sensible que a pel

  • A lente mineral ofrece unha nitidez espectacular e realza a intensidade das cores primarias. Ningún outro material ofrece semellante calidade de visión.
  • Ao estar fabricadas a partir de cristal puro e levar un tratamento anti-scratch, a resistencia da lente é moi alta e permite que a súa superficie nunca se raie.

Os trocos nas condicións de luminosidade ao longo do día poden afectar considerablemente a agudeza e comodidade visuais.

Etnia traballa cos mellores materiais do mundo. Con este compromiso a visión a través das súas lentes minerais non ten comparación coa que proporcionan as lentes convencionais, tanto na percepción como en saúde visual: a protección fronte os raios Ultra Violeta e Infravermellos é do 100%.

modelo verdi
Mod. Verdi BRGD

A luz é unha pequena parte da radiación do sol que o noso ollo pode ver. Pero o resto da radiación é invisible, mais nótanse os efectos.

Etnia posúe varias categorías de lentes, con diferentes niveis de oscurecemento, dependendo do estilo e da finalidade de uso de cada producto.

  • Categoría 1. lixeiramente coloreadas, para zonas urbanas e días con luminosidade solar lixeira.
  • Categoría 2. adecuadas para utilizarse en exteriores con luminosidde media.
  • Categoría 3. recomendadas para luminosidade solar forte, propia das zonas de plaia e montaña.
  • Categoría 4. son indicadas para situacións de luminosidade extrema, como cando se practican actividades en contextos de luz intensa, como no deserto ou a montaña.

táboa coas categorías de filtros solares. Imaxe web linazasoro optica
Categoría filtro solar

Tratamentos

Anti-scratch

Impide que os cristais se raien con facilidade

Oleofóbico

Protexe os cristais da suciedacde e facilita a súa limpeza

Hidrofóbico

Fai que a lente repela a auga, mantendo os cristais despexados.

Antirreflexante

Evita o reflexo da luz sobre a superficie da lente aumentado a transparencia, grazas a deposición de múltiples capas sobre a lente base.

As nubes non nos protexen: deixan pasar o 90% da radiación ultravioleta. É un erro pensar que podemos prescindir das gafas de sol nun día de verán só porque está nublado e a luz molesta menos.

modelo Born sun
Mod. Born Sun

Filtros

Etnia traballa con tres tipos de filtros para adaptar as lentes as necesidades e preferencias de cada persona, segundo o contexto no que se atopen e a finalidade de uso do producto. De este xeito ofrece diferentes opcións de visión para diferentes actividades.

Filtro HD

HD é unha lentes de alta definición que incrementa a experiencia de visión da cor sen reducir a percepción visual. Filtro imprescindible para realzar as cores e proporcionar máis resolución en calquera ambiente.

Filtro polarizado

A lente polarizada contén un filtro especial que minimiza o deslumbramento; bloquea os reflexos molestos e só deixa pasar a luz útil. A visión é nítida, con unha cor e contraste naturais. Especialmente indicada para a condución e os ambientes de auga ou neve, xa que elimina o brillo do sobre sobre a superficie horizontal.

gafa de sol modelo Yaletown
Yaletown, BLGD. Imaxe Etnia

filtro fotocromático

A lente fotocromática reacciona aos raios ultravioleta do sol, oscurecéndoa cando os detecta. A visión adáptase comodamente aos cambios e os ollos están relaxados. Recomendada para a condución xa que evita o cansancio visual e ofrece un contraste óptimo.

Texto: Etnia Barcelona. Adaptado e traducido: Tomás,Óptico
Catálogo 2018 Etniabarcelona