Visión en 3D. Eres capaz de “ver en 3D”?

Estamos na semana do Día Mundial da Optometría. Este ano está adicada a Cegueira Evitable, e o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia establece unhas xornadas de portas abertas onde se invita a quen o desexe a pasar polos establecementos de óptica para informarse sobre o tema escollido dentro da nosa comunidade, este ano trátase da visión estereoscópica ou visión en 3D.

Non se pregunta por qué se temos DOUS ollos vemos os obxetos como simples? Por qué e cómo tendo duas imaxes do mesmo obxeto (unha de cada ollo) só vemos unha?

Ver unha soa imaxe é traballo do cerebro, simplificando o proceso podemos dicir que o cerebro “xunta” esas dúas imaxes, pero non o fai de calquer xeito, se non que aproveita a información que lle chega de cada ollo por separado para “recrear” un entorno espacial. Sen dúbida esta habilidade ofreceu vantaxes evolutivas evidentes nun entorno de competencia polos recursos (alimentos, seguridade, …)

Máis aló de curiosidade e usos comerciáis, evaluar a visión estereoscópica axuda a detectar problemas na función visual do paciente así como establecer estratexias de tratamentos, prescripcións ópticas, indicativos de outros problemas de saúde, …

En Tomás,Óptico estaremos encantados de atendelo, pero para que comprobe se ten capacidade de “visión en 3D” ofrecemoslle unhas simples imaxes (estereogramas) que tiran proveito de certos trucos para obter un efecto 3D. Estas imaxes son meramente divulgativas, non substitúen a un exame da capacidade visual por parte de un óptico-optometrista.

Requisitos:

  • que ambos ollos teñan unha agudeza visual suficiente para ter dúas imaxes de calidade
  • ver as imaxes coa graduación precisa para a distancia da pantalla do ordenador ou dispositivo onde as vexa
  • … e para algunha de elas un pouco de concentración 😀

Se fai click na imaxe poderá vela en maior tamaño e resultará máis doado ver en 3D.

Para as primeiras imaxes non se precisa de ningún tipo de filtro ou gafas-3d

Ves o con?
Ves o con?

Trébol
Trébol
Páxaros
Páxaros
Ve a bruxa?
Ve a bruxa?

Para a seguinte son precisas gafas con un cristal vermello e o outro verde. É unha captura dun videoxogo, un ámbito no que para conseguir a inmersión do usuario no xogo se utilizan estas técnicas.

Jocker
Jocker

É capaz de velas todas? Precisa axuda para poder velas? Veña a Tomás,Óptico e axudarémoslle e temos unhas gafas para ver a imaxe do Jocker.

Se lle resulta interesante pode compartir este artigo nas súas redes sociáis pulsando nas seguintes iconas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*