WIFI gratuíto para amigos. Novo servizo.

Saúdos para ti desde blog.tomasoptico.com

En este artigo queremos presentar un novo servizo a disposición de amigos e clientes que xa leva unhas semanas en probas.

Desde este mes de Nadal queremos compartir a nosa conexión a internet a través de unha rede wifi creada para ti, de forma totalmente gratuíta, por suposto.

Así poderás utilizar o teu teléfono móbil ou tablet cando nos visites, estando dispoñible as 24 horas do día.

Cómo acceder ao servizo?

A nosa rede chámase clientes_TomasOptico e poderala atopar nos axustes de configuración do teu dispositivo realizando unha nova búsqueda.

Por razóns de seguridade a rede ten que ter un contrasinal de acceso. Este contrasinal pódelo obter simplemente enviándonos unha mensaxe privada en twitter solicitándoa.

Pero o contrasinal pode cambiar, polo que decidimos simplificar o proceso de compartir internet proporcionando unha app para o teu dispositivo que se encargará de conectarse sin necesidade de saber ningún contrasinal. O contrasinal cambiará no tempo para manter o nivel de seguridade e privacidade necesarios para un correcto funcionamento do servizo.

Esta app chámase Wiffinity. Visita a súa web para unha información completa.

Wiffinity
Wiffinity

Utilizar Wiffinity ten vantaxes engadidas

Esta app conectarate de xeito gratuíto a milleiros de puntos de acceso wifi en todo o mundo (podes ver o puntos de acceso na propia app incluso sen conexión) de un xeito seguro e sen necesidade de coñecer o contrasinal de ningunha delas nin ter que escribir nada. Simplemente conectarte na súa interface.

Imaxina o cómodo que resulta cando vas de viaxe non ter que preocuparse da conexión de datos, roaming, etc.

Podes instalar a app desde

Wiffinity en Android
Wiffinity en iOS

Comparte este artigo nas túas redes sociáis para informar aos teus amigos de este servizo de Tomás,Óptico. Esperemos que che resulte útil e cómodo de utilizar. Non dubides en consultarnos calquer dúbida ao respecto ou facernos as suxestións que estimes para mellorar o acceso wifi.